Abrir o menú principal

César Torres Martínez

avogado e político republicano galego

César Torres Martínez, nado en Caldas de Reis en 1905 e finado en Vigo o 14 de novembro de 1988, foi un avogado e político republicano galego.

César Torres Martínez
César Torres Martínez 1932.jpg
Nacemento1905
 Caldas de Reis
Falecemento14 de novembro de 1988
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1929)[1]. Militante de Acción Republicana. Coa proclamación da República foi alcalde de Caldas de Reis até xuño de 1933. Foi nomeado gobernador civil de Lugo o 21 de xullo de 1932, quedando ao fronte da alcaldía de Caldas o primeiro tenente alcalde Ramón Búa Carou. César Torres cesou como gobernador de Lugo o 14 de maio de 1933. Foi nomeado gobernador civil de Almería en maio dese ano. Despois foi gobernador civil de Ávila (do 13 de outubro ao 20 de decembro de 1933). Integrado en Izquierda Republicana, foi nomeado gobernador civil de Xaén o 19 de marzo de 1936, pasando a Granada o 24 de xuño.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de agosto. Xulgado en consello de guerra salvou da morte grazas á amizade da súa muller co bispo de Granada; foi condenado a cadea perpetua, e estivo oito anos en prisión. Inhabilitado como avogado, o seu amigo Buenaventura Castro Rial influiu para que fora nomeado conselleiro-secretario do Banco de Vigo-Viñas Armada e delegado da aseguradora MGS para a provincia de Pontevedra[2].


Predecesor:
-
  
Alcalde de Caldas de Reis
 
1931 - 1933
Sucesor:
Joaquín Hervés Baltar

Vida persoalEditar

NotasEditar

  1. El Pueblo Gallego, 6-7-1929, p. 11.
  2. Múgica Melgar, José Luis (2009). Autor-editor, ed. Banco de Galicia, orígenes, evolución y extinción. p. 68. ISBN 978-84-9981-067-6. Consultado o 22 de decembro de 2014. 
  3. Diario de Almería, 24-10-1933, p. 1.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar