Brocéliande

Brocéliande é unha fraga mítica da lenda artúrica, identificada na actualidade coa fraga de Paimpont e antigamente coa fraga de Huelgoat ou de Quintin, todas elas na Bretaña.

O primeiro texto que menciona esta fraga é o Roman de Rou do poeta anglonormando Robert Wace, en 1160. Con todo, é en textos máis tardíos, onde se atopan ademais do seu nome actual, a maioría das súas atribucións.