British and Irish Lions
Os British and Irish Lions (en galego Leóns británicos e irlandeses) son unha selección dos mellores xogadores de rugby das Illas Británicas que cada catro anos fai unha xira por unha das rexións máis potentes do rugby do Hemisferio Sur, principalmente Nova Zelandia, Suráfrica e Australia, malia que tamén teñen visitado Arxentina. Nesas xiras adoitan enfrontarse a varios equipos locais, para rematar cunha serie de tres ou catro encontros coa selección nacional do país visitado, que determinan quen sae gañador da xira, á marxe dos resultados previos. Os Lions non son unha selección nacional, de xeito que tampouco poden competir oficialmente en ningún campionato, e os resultados contra eles non suman nin restan puntos na clasificación mundial. Porén, as xiras dos Lions son un evento dos medios de primeiro nivel no rugby internacional, e a súa camisola vermella é a segunda máis vendida no mundo trala negra dos All Blacks. Xogar cos Lions está considerada a máxima honra para un xogador de rugby das Illas Británicas, mesmo por enriba de xogar para o seu equipo nacional, pois os Lions son unha selección de seleccións (Escocia, Gales, Inglaterra e Irlanda). Do mesmo xeito xogar contra os Lions é moi valorado, pois adoitan visitar ós seus rivais tan só unha vez cada doce anos.
The British & Irish Lions | ||
---|---|---|
![]() | ||
Alcume(s) | The Lions | |
Unión | ![]() ![]() ![]() ![]() | |
Adestrador | ![]() | |
Capitán | ![]() | |
Mais caps | ![]() | |
Máximo anotador | ![]() | |
Máis ensaios | ![]() | |
| ||
Estrea internacional | ||
Otago ![]() ![]() Dunedin, N. Zelandia; 28 de abril de 1888 | ||
Maior vitoria | ||
Australia Occidental ![]() ![]() Perth, Australia; 8 de xuño de 2001 | ||
Maior derrota | ||
Nova Zelandia ![]() ![]() Auckland, Nova Zelandia; 16 de xullo de 1983 |
Xogadores editar
A Xira 2017 por Nova Zelandia contou cos seguintes xogadores:
- Dianteiros
- Rory Best
- Dan Cole
- Taulupe Faletau
- Tadhg Furlong
- Jamie George
- Iain Henderson
- Maro Itoje
- Alun Wyn Jones
- George Kruis
- Courtney Lawes
- Joe Marler
- Jack McGrath
- Ross Moriarty
- Sean O'Brien
- Peter O'Mahony
- Ken Owens
- Kyle Sinckler
- CJ Stander
- Justin Tipuric
- James Haskell
- Mako Vunipola
- Sam Warburton (C)
- Tres cuartos
Xiras editar
A primeira xira levada a cabo polos "turistas" tivo lugar en Nova Zelandia e Australia no ano 1888, saíndo en barco o 9 de marzo e volvendo no mesmo barco o 11 de novembro despois de xogar 35 encontros, con 27 vitorias. Dende entón até o ano 2017 os Lions fixeron 33 xiras, 13 por Suráfrica, 6 por Nova Zelandia, 4 por Australia, 3 pola Arxentina e 7 por Nova Zelandia e Australia.
|
|