Rory Best
Rory Best, nado en Poyntzpass (Condado de Armagh, Irlanda do Norte) o 15 de agosto de 1982, é un xogador británico de rugby retirado que xoguei de talonador (hooker) no Ulster Rugby da Magners League.
(2010) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 15 de agosto de 1982 (42 anos) Craigavon, Reino Unido (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Newcastle (Reino Unido) (pt) Portadown College (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 180 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 106 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de rugby | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | - 2019 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | rugby a 15 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Hooker (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarBest estudou no Portadown College, e posteriormente Agriculture na Universidade de Newcastle, onde xogou na academia dos Newcastle Falcons. Volveu a Irlanda para xogar nos Belfast Harlequins no 2002, conseguindo o seu primeiro contrato polo Ulster no 2004.[1] Debutou co Ulster nun partido fronte a Munster na Magners League 2004-2005. En novembro dese mesmo ano debutou coa selección de Irlanda fronte aos All-Blacks en Lansdowne Road, e no 2006 foi titular por primeira vez fronte aos Springboks. Na tempada 2007-08 substituíu o seu irmán Simon como capitán do Ulster.[2]
Formou parte do XV do Trevo no Torneo das Seis Nacións 2007, gañando a tripla coroa, ademais ese mesmo ano xogou co XV do Trevo a Copa do Mundo de Rugby[3]. No Torneo das Seis Nacións 2009 conseguiu o Grand Slam co XV irlandés.
O 19 de marzo do 2011 foi convocado para xogar o derradeiro encontro do Torneo das Seis Nacións 2011 fronte a [[selección de rugby de Inglaterra|Inglaterra, conseguindo unha vitoria por un 24 a 8 que lle permitiu ao XV irlandés rematar o torneo na terceira posición.
Palmarés
editarEquipos | Tempadas | Títulos |
Ulster Rugby | 2004 - | 1 Magners League (2009) |
XV do Trevo | 2005 - | 1 Torneo das Seis Nacións (2009) |
Notas
editar- ↑ "The Times & The Sunday Times". www.thetimes.co.uk (en inglés). Consultado o 2022-04-29.
- ↑ http://www.emeraldrugby.com/news_detail.asp?id=3131[Ligazón morta]
- ↑ "Rory Best ruled out for up to three weeks". belfasttelegraph (en inglés). ISSN 0307-1235. Consultado o 2022-04-29.