Bombinos

(Redirección desde «Bombini»)

A dos bombinos (Bombini) é unha tribo de insectos himenópteros apócritos apoideos da familia dos ápidos, e subfamilia dos apinos.[1][2]

Oligobombus cuspidatus

É unha tribo cosmopolita de abesouros de ambos os hemisferios que se alimentan de pole ou de néctar e que habitan a diversas altitudes en zonas de climas fríos, temperados, semitemperados e cálidos.

Moitas das súa especies son sociais, formando niños de até uns centos de individuos.

Taxonomía editar

Descrición editar

A tribo foi descrita en 1802 polo sacerdote católico e notábel entomólogo francés Pierre André Latreille, na súa obra Histoire naturelle générale et particulière des crustacés et insectes (14 vols., 1802-1805).

Etimoloxía editar

O nome científico da tribo, Bombini, esta formado polos elementos Bomb- e -ini. O primeiro é a raíz do nome do seu xénero tipo, Bombus, e o segundo e o sufixo do latín científico empregado para formar os nomes das tribos de animais.

Sinónimos e cambios taxonómicos editar

Hai moito tempo estas especies colectoras de pole foron ás veces clasificadas como unha subfamilia, Bombinae, ou mesmo unha familia, Bombidae, e as de Psythirus integradas noutro taxón superior (Psithyridae) debido aos seus hábitos parasitarios.[1]

Xéneros editar

A tribo comprende tres xéneros, un só actualmente presente, Bombus, con máis de 250 especies en 15 subxéneros, e dous fósiles:[3]

Especies extintas editar

Bombus cerdanyensis foi descrito en sedimentos lacustres do Mioceno tardío de Cerdaña, España en 2014.[4]

Calyptapis florissantensis foi descrito por Theodore Dru Alison Cockerell en 1906 en sedimentos do Eoceno lacustre do Florissant Fossil Beds National Monument nos Estados Unidos.[5][6]

Oligobombus cuspidatus foi descrito por Alexander V. Antropov en 2014 nun sedimento do Eoceno da Illa de Wight, Inglaterra.[7][8]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Tribe Bombini en BugGuide (en inglés).
  2. Bombini no ITIS.
  3. Ascher J. S. & Pickering J.: "Discover Life bee species guide and world checklist (Hymenoptera: Apoidea: Anthophila)", en Charles D. Michener (2007): The Bees of the World, 2nd edition. Boston: ‎The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0.
  4. Dehon, Manuel; Michez, Denis; Nel, Andre; Engel, Michael S.; De Meulemeester, Thibaut (2014). "Wing Shape of Four New Bee Fossils (Hymenoptera: Anthophila) Provides Insights to Bee Evolution". PLOS ONE 9 (10): e108865. PMC 4212905. PMID 25354170. doi:10.1371/journal.pone.0108865. 
  5. "Bombus florissantensis Cockerell 1906 (bumble bee)". FossilWorks. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2015. Consultado o 8 de xuño de 2022. 
  6. Cockerell, T. D. A (1906). "Fossil Hymenoptera from Florissant, Colorado". Bulletin of the Museum of Comparative Zoology 50 (2): 33–58. 
  7. "†Oligobombus Antropov 2014 (bee)". FossilWorks. Consultado o 8 de xuño de 2022. 
  8. Antropov, A. V.; et al. (2014). "The wasps, bees and ants (Insecta: Vespida=Hymenoptera) from the Insect Limestone (Late Eocene) of the Isle of Wight". Earth and Environmental Science Transactions of the Royal Society of Edinburgh 104: 1–112. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar