O binormativismo é unha proposta para establecer dúas normas ortográficas plenamente válidas e oficiais para o galego que os seus impulsores afirman tomar da existencia de dúas formas oficiais para o noruegués.

Noruegués, lingua con dúas formas oficiais editar

 
Mapa idiomático dos municipios noruegueses. Os concellos en fondo vermello adoptaron o bokmål, mentres que aqueles en azul se decantaron polo nynorsk; así mesmo, a cor gris representa as zonas non adscritas especificamente a ningunha das dúas variantes.

Existen dúas normas consideradas formas da mesma lingua norueguesa: a bokmål, máis próxima á lingua dinamarquesa, e a nynorsk, elaborada a partir dos dialectos occidentais do país.

Proposta para a lingua galega editar

A Lei de normalización lingüística, na súa disposición adicional, marca que Nas cuestións relativas á normativa, actualización e uso correcto da lingua galega, estimarase como criterio de autoridade o establecido pola Real Academia Galega. e, xa que logo, é a norma elaborada pola Real Academia Galega a normativa oficial da lingua galega.

Da outra banda, existen varios colectivos do movemento chamado reintegracionismo, que promoven a converxencia ortográfica entre o galego e o portugués. Entre elas destaca a Associaçom Galega da Língua, que promove a súa propia norma ortográfica desde 1981; e a Academia Galega da Língua Portuguesa, observador consultivo da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa.

Por causa disto, existen hoxe en día dúas normas contrapostas, a normativa oficial do galego e a normativa reintegracionista do galego, sen carácter oficial. Para intentar superar este conflito normativo, a AGAL lanzou unha proposta coñecida como binormativismo que asumiu como eixo programático en 2018.[1] Así e todo, dentro do movemento reintegracionista a súa aceptación non foi xeral[2][3]. Desde entón foron varias as persoas que teñen manifestado a súa opinión, ben a favor, ben en contra da proposta. En 2019 Víctor Freixanes, director da RAG nesa altura e falando desde o ámbito persoal, non o apoiaba[4][5] e o escritor Francisco Castro, tampouco.[6]. Pola súa parte, mostráronse favorábeis o filólogo Xosé Ramón Freixeiro Mato,[7] a escritora Marica Campo,[8] o filólogo e escritor Carlos Callón[9] e o escritor Vítor Vaqueiro.[10]

Notas editar

  1. "O reintegracionismo muda a estratexia e aposta polo binormativismo". Praza Pública. 4 de decembro de 2018. Consultado o 5 de decembro de 2018. 
  2. Maurício Castro (6 de maio de 2018). "Binormativismo: tentativa de resposta a um problema que nom se colocou". Nós Diario. 
  3. Carlos Garrido (11 de xuño de 2020). "Aspetos essenciais do reintegracionismo escamoteados no discurso público". Nós Diario. 
  4. F. Freixanes, Víctor (17 de marzo de 2019). “Os países serios teñen unha soa ortografía. Podemos discutila, modificala... mais hai só unha ortografía”. Sermos Galiza. Entrevista con M. Obelleiro. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2019. Consultado o 20 de marzo de 2019. 
  5. Eduardo Maragoto (18 de marzo de 2019). "Freixanes e o binormativismo: mais discrepâncias de forma que de fundo". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2019. Consultado o 20 de marzo de 2019. 
  6. "Aceptar dúas normas oficiais para a lingua galega? Por que non podo aceptar o Binormativismo". Blog persoal. 18 de maio de 2019. Consultado o 20 de maio de 2019. 
  7. Freixeiro Mato, Xosé Ramón. "Carvalho Calero e o binormativismo". Portal Galego da Língua. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  8. Campo, Marica. "Amar é un verbo". El Progreso. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  9. Callón, Carlos. "Un dos motivos polos que debería haber binormativismo é porque, na verdade, a cultura galega xa se expresa en dúas normas.". Twitter. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  10. Vaqueiro, Vítor. "Lidando no binormativismo". Sermos Galiza (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2019. Consultado o 21 de xuño de 201. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar