Bill Fivaz
William F. "Bill" Fivaz, nado en Fulton, Nova York, o 26 de febreiro de 1934, é un escritor numismático estadounidense.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de febreiro de 1934 Fulton, Nova York. Estados Unidos |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Hamilton Gollege, Nova York. |
Actividade | |
Ocupación | Autor numismático. |
Familia | |
Cónxuxe | Marilyn Briggs (1956). |
Traxectoria
editarFivaz naceu na localidade de Fulton, situada na área metropolitana de Syracuse, no condado de Onondaga, Nova York, e cursou os seus estudos universitarios no Hamilton College, de Clinton, Nova York,[1] na especialidade de Belas Artes.[2]
Logo da súa graduación ingresou na Mariña dos Estados Unidos, onde permaneceu ata 1959. Ese ano ingresou na compañía Nestlé, onde desenvolveu toda a súa carreira profesional ata a súa xubilación en 1996, co cargo de director rexional de vendas en Atlanta a partir de 1975.[1][2]
Como coleccionista de moedas desde 1950, o interese de Vizaz centrouse nos erros e nas variantes de cuñaxe, aspecto que tamén o ocupou como investigador e autor numismático.[3] En 2003 vendeu a práctica totalidade das pezas da súa colección.[2]
É autor de máis dunha ducia de libros sobre numismática e coleccionismo de moedas, e é particularmente coñecido como coautor de The Cherrypickers' Guide to Rare Die Varieties ("Guía Cherrypicker de variedades de cuño raras"), publicado por primeira vez en 1990 e reeditado posteriormente en diversas ocasións.[4] Outras das súas publicacións destacadas son Helpful Hints For Enjoying Coin Collecting ("Consellos útiles para gozar co coleccionismo de moedas"), de 1999,[5] United States Gold Counterfeit Detection Guide ("Guía de detección de falsificacións de ouro dos EEUU"), de 2005,[6] e Managing & Settling a Numismatic Estate ("Xestión e disposición dun patrimonio numismático"), escrita xunto con Beth Deisher e David S. Lande e editada pola American Numismatic Association.[7]
Entre outras sociedades eruditas e asociacións, Fivaz é membro da Rittenhouse Society e da American Numismatic Association, a cuxa xunta de goberno pertenceu entre 1985 a 1989. Tamén foi presidente do Club de Coleccionistas de Erros Numismáticos de América.[1][3]
Entre 2004 e 2009, foi membro do Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda dos Estados Unidos.[1][3]
En 2021, Fivaz foi incluído na listaxe das persoas máis influentes da numismática nos Estados Unidos no período 1960-2020, publicada pola revista Coin World.[1][3]
Vida persoal
editarFivaz casou en 1956 con Marilyn Briggs, con quen tivo dous fillos.[1]
Recoñecementos
editarEstes son algúns dos premios máis salientables dos que Bill Fivaz foi merecedor ao longo da súa carreira:[1]
- 1982: Nomeado Embaixador Numismático pola revista Numismatic News.
- 1987: Premio Lyndon King, da Combined Organization of Numismatic Error Collectors of America (CONECA).[9]
- 1988: Hall of Fame da CONECA.[10]
- 1990: Premio Kenny Knapp, da CONECA.[11]
- 1991: Glenn Smedley Memorial, da ANA.[8]
- 1992: Premio Alan Herbert, da CONECA. [12]
- 1995: Premio Farran Zerbe Memorial, da ANA.[8]
- 1999: Premio Eddie Colwell, da CONECA. [13]
- 2001: Numismático do ano, da ANA.[8][14]
- 2002: Hall of Fame da ANA.[15]
- 2003: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild.[16]
- 2011: Premio Fivaz-Stanton, da CONECA.[13]
Premio Bill Fivaz
editarEn 1989, a Combined Organization of Numismatic Error Collectors of America (CONECA) institiuíu na súa honra o Premio Bill Fivaz ao mellor numismático xuvenil do ano, que se concedeu, cunha relativa continuidade, ata 2003. Estes son os autores recoñecidos co Premio Bill Fivaz:[12]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Smith, P. (2012).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Hernandez, J. L. (2022). "Because Hamiltonians Collect: Bill Fivaz '56". Hamilton.edu. 13 de decembro.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Bill Fivaz". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. 2021. Páxina 54.
- ↑ "Die Variety Photographs Welcomed for New Cherrypickers’ Guide, Sixth Edition, Volume II". En The E-Sylum. Vol 22. Nº 43. 27 de outubro dee 2019.
- ↑ Vivaz, B. (1999). Helpful Hints For Enjoying Coin Collecting. Stanton . ISBN 978-1892706058
- ↑ "Fivaz, B. (2005). United States Gold Counterfeit Detection Guide. Whitman Pub. ISBN 978-0794820077
- ↑ Fivaz, B. et al. (2919). Managing and Settling a Numismatic Estate: How to Preserve and Dispose of a Coin Collection. American Numismatic Association. 3ª ed. ISBN 9780896370340
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 "ANA Past Award Recipients". American Numismatic Association.
- ↑ "Dr. Lyndon King Award". Conecaonline.org
- ↑ "Hall of Fame Inductees". Conecaonline.org
- ↑ "Kenny Knapp Award". Conecaonline.org
- ↑ 12,0 12,1 "Literary Awards and Recognitions": Conecaonline.org
- ↑ 13,0 13,1 "Cherrypicker's Awards". Conecaonline.org
- ↑ "ANA announces Bill Fivaz 2001 Numismatist of the Year". American Numismatic Association.
- ↑ "Past Hall of Fame inductees by year". American Numismatic Association.
- ↑ "The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Smith, P. (2012). "Fivaz, William F. "Bill"". En American Numismatic Biographies. Páxina 146.