Carreira profesional

Unha carreira profesional é o conxunto ordenado de expectativas de promoción profesional, de mobilidade e de aumentar o recoñecemento do exercicio no mesmo lugar de traballo do que dispón un empregado dende o momento da súa admisión ata o momento en que deixa de prestar servizos nunha organización.[1][2]

O termo "carreira" tamén se emprega noutros eidos para referirse, por exemplo, á carreira deportiva, á escolar ou á universitaria.[3]

Cambios históricos nas carreirasEditar

A finais do século XX, un amplo abano de opcións (especialmente no rango de profesións potenciais) e o maior alcance da educación fixo posible planificar (ou deseñar) unha carreira. Tamén é frecuente nos adultos de finais do século XX e comezos do XXI ter unha carreira dobre ou múltiple, de xeito secuencial ou ó mesmo tempo. Así, as identidades profesionais téñense hibridado para reflectir este cambio na ética do traballo. O economista Richard Florida observa esta tendencia de xeito xeral e máis especificamente entre a "clase creativa".

Xestión da carreiraEditar

A xestión da carreira describe o manexo activo e decidido dunha carreira por un individuo. Teorías sobre o que implica ter "habilidades de xestión da carreira" son descritas polo modelo Blueprint (nos Estados Unidos, o Canadá, Australia, Escocia e Inglaterra)[4][5] e as Sete Cs da alfabetización dixital (especificamente relacionadas coas habilidades na Internet).[6]

As habilidades clave inclúen a capacidade de cavilar sobre a súa carreira actual, investigar no mercado de traballo, determinar se a educación é necesaria, atopar aperturas e facer cambios na súa carreira.

NotasEditar

  1. "Carrera". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  2. «Carrera professional» Arquivado 14 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., Glossari de la funcó pública, Generalitat de Catalunya
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carreira.
  4. Careers Blueprint. Excellence Gateway. Retrieved on 2014-01-11.
  5. Hooley, T.; Watts, A. G.; Sultana, R. G.; Neary, S. (2013). "The 'blueprint' framework for career management skills: a critical exploration". British Journal of Guidance & Counselling 41 (2): 117. doi:10.1080/03069885.2012.713908. 
  6. Hooley, T. (2012). "How the internet changed career: framing the relationship between career development and online technologies" (PDF). Journal of the National Institute for Career Education and Counselling (NICEC) 29: 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de febreiro de 2018. Consultado o 05 de setembro de 2017.