Beth Deisher
Beth Deisher (chamada orixinalmente Elizabeth Hurdle),[1] nada en Carolina do Norte o 29 de abril de 1946, é unha xornalista, autora e editora numismática estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de abril 1946 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Universidade de Carolina do Norte. |
Q89547790 | Editora de Coin World. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Familia | |
Cónxuxe | Arthur Deisher. |
Premios | |
Véxase a sección "Recoñecementos". |
Traxectoria
editarBethe Deisher cursou os seus estudos superiores na Universidade de Carolina do Norte en Greensboro,[2] onde se graduou en 1968 en Lingua Inglesa e en Literatura inglesa e estadounidense.[3]
Comezou a súa carreira profesional no xornal Star Ledger de Norfolk, Virxinia, entre 1969 e 1972.[2] Posteriormente foi redactora de VEA News, editado pola Asociación de Educación de Virxinia, así como doutras publicacións de Virxinia, como The Virginia Journal of Education ou The Sidney Daily News,[4] e o Sidney Daily News de Sidney, Ohio.[5][3]
En marzo 1981 incorporouse como editora de noticias á revista numismática Coin World, da que en 1984 foi nomeada editora executiva. Poucos meses despois, o 1 de marzo de 1985, accedeu ao cargo de editora desta publicación, en substitución de Margo Russell, que mantivo ata a súa xubilación en 2012.[3][4][6] Un dos retos que asumiu con éxito durante este período foi o da dixitalización da publicación.[5] Na súa etapa como editora de Coin World foi testemuña, en 1995, do nacemento do programa de cuñaxe das 50 moedas de medio dólar conmemorativas de cada estado dos EEUU.[7] Outra das súas achegas como editora foi o nacemento dun suplemento da revista titulado Coin World's Coin Values, que se publicou ata 2012.[8]
O ano seguinte á súa xubilación comezou a publicar en Coin World unha columna periódica baixo o título de From the Memory Bank ("Desde o banco da memoria").[4][9]
Dentro do seu labor como editora, Deisher foi fundadora de tres revistas numismáticas: Coin Values, Paper Money Values e Worldwide Coins, e tamén foi editora ou autora de varios libros sobre materia numismática.[3][5]
Entre 2017 e 2019 Deisher dirixiu a Anti-Counterfeiting Educational Foundation (ACEF), unha fundación dedicada á loita contra as falsificacións.[3][4][5][10]
Entre outras entidades de carácter asociativo e profesional, Deisher foi membro activo da Federación Nacional de Mulleres Xornalistas e da Sociedade de Xornalistas Profesionais, e presidiu entre 2006 e 2008 a Asociación de Escritores Profesionais de Ohio.[3]
Recoñecementos
editar- (1995): Premio Glenn Smedley Memorial, da American Numismatic Association (ANA).[4][5][11]
- (1995): Premio Clemy, Numismatic Literary Guild (NLG).[4][5][12]
- (2006): Premio Burnett Anderson Memorial, da ANA, a American Numismatic Society (ANS) e o NLG.[4][5][11]
- (2010): Premio Farran Zarbe Memorial, da ANA.[4][5][11]
- (2013): Ingreso no Numismatic Hall of Fame da ANA.[4][5][13]
- (2017): Premio á Traxectoria (NLG).[14]
- (2021): Incluída na listaxe das persoas máis influentes en numismática en 1960-2020, pola revista Coin World.[5]
- (2022): Premio Q. David Bowers, da Central States Numismatic Society.[15]
Publicacións
editarEstas son algunhas das monografías máis salientables das publicadas por Beth Deisher ao longo da súa carreira:[16]
- (1993). Coin World guide to U.S. coins, prices & value trends (con W. T. Gibbs et al.). Amos Press, Sidney, Ohio. ISBN 9780451195845
- (1997). The smart collector (con B. Reed). Amos Press, Sidney, Ohio. ISBN 978-0944945261
- (2005). Making the grade. A grading guide to the top 25 most widely collected U.S. coins. Amos Press, Sidney, Ohio. ISBN 9780944945490
- (2011). Coin world almanac. Amos Press, Sidney, Ohio. ISBN 9780944945605
- (2013). Cash in your coins. Selling the rare coins you've inherited (con Q. David Bowers). Whitman Pub., Atlanta. ISBN 978-0794837921
- (2017). A guide book of United States commemorative coins. History, rarity, values, grading, varieties (con Q. David Bowers). Whitman Pub., Atlanta. ISBN 9780794844196
Notas
editar- ↑ Toma o apelido do seu esposo, Arthur Deisher. Véxase Smith, P. (2012). Páxina 109.
- ↑ 2,0 2,1 Smith, P. (2012). Páxina 109.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Deisher, Beth". En Coins Weekly. 13 de decembro de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Smith, P. (2012). Páxina 110.
- ↑ 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 "Beth Deisher". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxinas 36-37.
- ↑ "Deisher Retire as Editor of Coin World". En E-Sylum. Vol. 15. Nº 18. 29 de abril de 2012.
- ↑ "Testimony of Beth Deisher, Editor, Coin Worldbefore the House Financial Services Subcommittee on Domestic and International Monetary Policy, Trade and Technology". U.S. House Committee on Financial Services.
- ↑ "Coin World's Coin Values". EPNNES & Washington University in St. Louis.
- ↑ "Autors: Beth Desher, columnist". En Coinworld.com
- ↑ "ICTA forms Anti-Counterfeit Task Force". En Coin World. 8 de febreiro de 2017.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
- ↑ "The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild.
- ↑ "Past Hall of Fame inductees by year". American Numismatic Association.
- ↑ "Beth Deisher Honored With 2017 PNG Lifetime Achievement Award Arquivado 26 de marzo de 2023 en Wayback Machine.". Professional Numismatic Guild (pngdealers.org).
- ↑ "Beth Deisher receives the 2022 Q. David Bowers Award". En Coins Weekly. 28 de abril.
- ↑ "Deisher, Beth". WorldCat Identities.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Smith, P. (2012). "Deisher, Beth". En American Numismatic Biographies. Páxinas 109-110.
- "Beth Deisher". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxinas 36-37.
- "Deisher, Beth". En Coins Weekly. 13 de decembro de 2018.