Bibliotecas Municipais da Coruña

As Bibliotecas Municipais da Coruña son un servizo público formado por un servizo central de coordinación e oito bibliotecas municipais da cidade da Coruña.

Bibliotecas Municipais da Coruña
Biblioteca Municipal de Estudos Locais (A Coruña)

Estrutura editar

 
Coñecendo a biblioteca dende pequenos

As Bibliotecas Municipais da Coruña están constituídas por oito centros, dos cales seis teñen un carácter xeralista ─ Ágora, O Castrillón, Fórum Metropolitano, Monte Alto, Os Rosales e Sagrada Familia─ e dúas de eido especializado ─Infantil-Xuvenil e Estudos Locais. As bibliotecas, espalladas por toda a cidade, contan con material en distintos soportes: libros, CD, DVD, revistas etc., dispoñen de conexión pública de balde a Internet e están abertas de luns a sábados durante 12 horas diarias. De xeito administrativo, as bibliotecas municipais inscríbense na Concellería de Cultura do Concello da Coruña.

 
Curso de Internet en áula de biblioteca

Amais das bibliotecas municipais a cidade conta coas universitarias, a Biblioteca Pública Provincial da Deputación da Coruña e a Biblioteca Pública do Goberno español Miguel González Garcés.

 
Espazos audiovisuais

Servizos editar

Os servizos que ofrecen as bibliotecas son:

  • Salas infantís e para adultos
  • Consulta en sala
  • Catálogo informatizado
  • Préstamo a domicilio
  • Acceso a Internet e bases de datos de balde
  • Wi-Fi
  • Atención a persoas xordas
  • Atención a persoas con mobilidade reducida
  • Atención a bibliotecas escolares
  • Aulas de formación informática
  • Referencia virtual
  • Préstamo interbibliotecario

Servizos virtuais editar

A web do servizo municipal permite facer diversas xestións de xeito virtual, coma a consulta do catálogo en liña, a renovación de préstamos, a realización de reclamacións e suxestións ou a inscrición dentro da propia rede de bibliotecas. Dispón tamén de recursos electrónicos en liña dirixidos principalmente a rapaces e adolescentes. Os clubs de lectura presenciais dispoñen cada un dun blog para a súa xestión e comunicación. Existe tamén un Club Virtual de lectura que desenvolve todas as súas actividades de xeito virtual empregando un blog coma plataforma.

Tendo en conta o volume do préstamo de cómics e a importancia cualitativa e cuantitativa do fondo, as bibliotecas municipais crearon Fancómic, un blog adicado a este xénero, con especial dedicación a Galicia, que serve de punto de encontro de usuarios, autores, libreiros e bibliotecarios.

O sistema de bibliotecas participa tamén do servizo de referencia virtual Pregunte, as bibliotecas responden, en colaboración con outras bibliotecas públicas de España.

O servizo SMS das bibliotecas permite ós cidadáns dun xeito completamente de balde estar puntualmente informados das actividades preferidas que se celebran nos nosos centros a través dos sms ós seus móbiles.

Actividades editar

Algunhas das actividades levadas a cabo nestes centros comprenden contacontos infantís, alfabetización dixital, alfabetización para persoas maiores, cursos de castelán, clubs de lectura, mostras bibliográficas, visitas á biblioteca, obradoiros, concursos, conferencias e recitais.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar