Benito Valencia Bouza

sindicalista e político galego

Benito Valencia Bouza, nado en Farnadeiros (Muíños) o 10 de maio de 1910 e finado na ponte de Boado (Xinzo de Limia) o 1 de agosto de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Benito Valencia Bouza
Nacemento10 de maio de 1910
Lugar de nacementoFarnadeiros
Falecemento1 de agosto de 1936
Lugar de falecementoBoado
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e sindicalista
editar datos en Wikidata ]
Homenaxe a Benito Valencia na ponte de Boado.

Traxectoria editar

Emigrou a Buenos Aires en 1927, onde traballou de camareiro. Ao retorno instalouse en Güimil. Funcionario do concello de Muíños, foi secretario do Sindicato Campesino de Souto, e concelleiro pola Fronte Popular dende marzo de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi paseado na ponte de Boado, sobre o río Limia, na saída de Xinzo cara a Verín.

O Comité pola Memória Histórica do Val do Límia fíxolle unha homenaxe o 1 de agosto de 2020.[1][2]

Vida persoal editar

Casou con Digna Portela Penín en 1935.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Morais, Carlos (2020). Benito Valencia Bouza, artífice do Sindicato Campesino de Souto, Val do Límia. Cadernos monográficos 3. Comité pola Memória Histórica do Val do Límia. 

Ligazóns externas editar