Benito Casasnovas

político socialista galego
(Redirección desde «Benito Casasnovas Rodríguez»)

Benito Casasnovas Rodríguez, nado en Ribadavia o 6 de maio de 1886 e finado en Ponteareas o 1 de setembro de 1972, foi un político socialista galego.

Infotaula de personaBenito Casasnovas
Biografía
Nacemento6 de maio de 1886 Editar o valor em Wikidata
Ribadavia, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de setembro de 1972 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Ponteareas, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrado en América, retornou nos anos dez do século XX. Foi presidente da Sociedade Agraria de Ribadavia (1916) e da Federación de Sociedades Agrarias do Partido de Ribadavia en 1920.[1] Trasladado a Ponteareas, fundou a Agrupación Socialista de Ponteareas da que foi elixido o seu primeiro presidente en 1924 e asistiu ao XVI congreso de UGT de 1928 como delegado de dous sindicatos de Ponteareas.

Durante a República foi elixido concelleiro polo PSOE e despois nomeado deputado provincial. Dirixiu o voceiro socialista Renovación. Foi elixido alcalde de Ponteareas o 11 de maio de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse en casas de amigos, despois pasou á casa dun irmán en Ribadavia, logo a Santiago de Ribarteme na casa dun crego coñecido da familia onde pasou un ano escondido. No entanto foi xulgado en Vigo por rebelión e declarado en rebeldía. Logo, amparado polos edictos do gobernador que chamou a presentarse aos fuxidos sen delitos de sangue, regresou a Ponteareas, e pasou unha tempada en Vigo.

Finalmente saíu do país por Salvaterra de Miño e pasou a Portugal, onde permaneceu un ano, embarcando finalmente para Nova York en 1940, grazas a axuda da JARE que abonou o importe da pasaxe, de onde marchou a México arribando a Nuevo Laredo o 17 de xullo de 1941. En México DF formou parte do Grupo Galego da UGT e da Agrupación de Refugiados Socialistas Gallegos do PSOE. Traballou nunha farmacia e despois nunha empresa de obras públicas que construía a estrada Panamericana no istmo de Tehuantepec en Oaxaca. Tamén foi xerente do hotel Diligencias de Veracruz. En 1955 trasladouse a vivir co seu fillo a Oaxaca.

Visitou Ponteareas a finais da década dos cincuenta, e regresou definitivamente a Galicia en 1967. Viviu entre Vigo e Ponteareas, onde morreu en 1972.

Vida persoal editar

Casou con María Camba Fernández, que logo do golpe de Estado foi detida e estivo presa en Ponteareas.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 8-9-1920, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Emilio Garra Castellanzuelo
  
Alcalde de Ponteareas
 
1936
Sucesor:
Mauricio Troncoso Penedo