Emilio Garra Castellanzuelo

comerciante e político galego

Emilio Garra Castellanzuelo, nado en Ponteareas en 1886 e finado no mesmo concello o 22 de novembro de 1942,[1] foi un político galego.

Emilio Garra Castellanzuelo
Nacemento1886
 Ponteareas
Falecemento22 de novembro de 1942
 Ponteareas
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PaiJuan Bautista Garra Olañeta
IrmánsAmando Garra
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Juan Bautista Garra Olañeta e irmán de Amando Garra Castellanzuelo, foi comerciante en Ponteareas. Coa proclamación da República foi elixido alcalde de Ponteareas o 19 de abril de 1931. Mantívose no cargo ata que a Corporación foi cesada en outubro de 1934. Militou en Unión Republicana. Co triunfo da Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi reposto no cargo de alcalde, pero presentou a súa dimisión en maio, cesando o día 11. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi expedientado.


Predecesor:
Abel Domínguez Rodríguez
  
Alcalde de Ponteareas
 
1931 - 1934
Sucesor:
Joaquín Fernández Troncoso
Predecesor:
Joaquín Fernández Troncoso
  
Alcalde de Ponteareas
 
1936
Sucesor:
Benito Casasnovas Rodríguez

NotasEditar

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 21-11-1943, p. 6.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar