Renovación (Ponteareas)

Renovación foi un periódico editado en Ponteareas entre 1931 e 1936.

Renovación
LocalidadePonteareas
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Órgano da Casa del Pueblo de Ponteareas, apareceu en maio de 1931. De tendencia socialista, estivo dirixido por Ramón Rodríguez e Benito Casasnovas, concelleiro do PSOE e deputado provincial. Contou con colaboracións de militantes da bisbarra do Tea, como José Antonio Fernández Vega, Javier Estévez Viana, Carmen Parada e Germán Veiga; de Vigo, como Enrique Heraclio Botana e de Galicia, como Regina García García. Recolleu información sobre o partido, a UGT e a FNTT. Durante os dous primeiros anos da República mantivo unha política de colaboración coa actuación gobernamental. Despois da vitoria dos radicais e cedistas en novembro de 1933, a súa liña articulouse sobre de tres puntos: necesidade de manter as conquistas do primeiro bienio, oposición ao Goberno e xustificación da revolución. Deixou de editarse en outubro de 1934 por suspensión gobernativa e volveu aparecer en xuño de 1935. A partir desta data radicalizou o seu contido, ao reclamar un achegamento ao PCE e a fusión de todas as organizacións proletarias, políticas e sindicais. En xuño de 1936 apoiou o Estatuto de Galicia. Cesou a súa publicación en xullo de 1936.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar