Regina García García

política e escritora galega

Regina García García, nada na Coruña o 20 de agosto de 1898 e finada en Madrid en agosto de 1974, foi unha política e escritora galega.

Regina García García
Nome completoRegina García García
Nacemento20 de agosto de 1898
Lugar de nacementoA Coruña
Falecementoagosto de 1974
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica e escritora
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nada nunha familia adiñeirada. Ingresou na Agrupación Socialista de Madrid en xuño de 1930. Chegou ao socialismo pola súa unión sentimental con José Verdes Montenegro, aínda que ao pouco tempo casou con José Calatayud. Foi secretaria do Consello Superior do Padroádego de Protección á Muller en 1931. Representou á Agrupación Socialista de Murcia no Congreso Extraordinario do PSOE de 1931. Fixo unha xira por Galicia entre setembro e outubro de 1933 e impartiu conferencias en Vigo e outras vilas do sur da provincia de Pontevedra. Foi candidata do PSOE por Cidade Real e Murcia nas eleccións xerais de 1933 sen resultar elixida. Formou parte da delegación obreira española na Oficina Internacional do Traballo en Xenebra. Durante a guerra civil foi xefa de Prensa e Propaganda do Comisariado Político Central e do Estado Maior do xeneral Miaja. Foi directora de La Voz del Combatiente.

Ao finalizar a guerra foi detida e condenada a doce anos e un día de prisión. Foi indultada e liberada o 14 de decembro de 1940, e a partir dese momento desenvolveu unha intensa actividade propagandística oral e escrita a favor do franquismo.

Obras editar

  • Yo he sido marxista. El cómo y el por qué de una conversión, 1946.
  • El bulo de los caramelos envenenados, 1953.