Bea Seijas

xogadora galega de fútbol sala

Beatriz Seijas Couce, nada en Ferrol o 15 de marzo de 1974, é unha ex xogadora de fútbol sala e adestradora galega. Xogaba de á-peche e tivo unha longa carreira desenvolvida en tres equipos, o Sal Lence, o CD Ourense e o Ourense CF, gañando tanto a liga de Primeira División como a Copa de España cos tres clubs. Retirouse aos 45 anos, acumulando no seu palmarés cinco ligas, seis Copas e dous galardóns como mellor xogadora de España.

Bea Seijas
Información persoal
Nome Beatriz Seijas Couce
Nacemento 15 de marzo de 1974
Lugar de nacemento Ferrol
Posición Á-peche
Carreira xuvenil
1983–1990 Lago Gairesa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1990–1998 Sal Lence
1998–2005 CD Ourense
2005–2019 Ourense CF
Selección nacional
1990–2002 España 40
1990–2017 Galicia
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Dende 2020 adestra a selección alevín feminina de Galicia.

Traxectoria editar

Comezou xogando ao fútbol sala no Lago Gairesa de Valdoviño, cando aínda non existían ligas femininas, polo que disputaban só encontros amigables.[1] En 1990 fichou polo Sal Lence do barrio dos Castros da Coruña.[2] Con este equipo gañou tres ligas de Primeira División (1992/93, 1994/95 e 1995/96), así como as Copas de España de 1992, 1995, 1996 e 1997.

En 1998 deixou o equipo xunto a Nuria Iglesias, trasladándose ambas a Ourense para xogar no CD Ourense. No seu primeiro ano gañou a liga e a Copa.[3] Cando o club desapareceu pasou a xogar no novo Ponte Ourense, co que ascendeu dende as categorías rexionais ata conquistar unha nova liga na tempada 2010/11. Continuou no club ourensán durante os seguintes oito anos, sumando ao seu palmarés a Copa de España de 2017. Retirouse aos 45 anos de idade, despois de xogar o seu último partido en xuño de 2019 fronte ao Burela Pescados Rubén.[4][5]

Tras a súa retirada formou parte do equipo técnico do Ourense Envialia e dende xaneiro de 2020 adestra a selección galega feminina alevín.[6]

Selección nacional editar

Xogou coa selección española de fútbol sala dende a súa mesma creación en 1990. Foi a autora do primeiro gol da historia do equipo, no partido inaugural contra a selección galega en Carballo,[7] e ao día seguinte xogou tamén o primeiro encontro internacional contra a selección de Portugal no Pavillón da Gándara de Narón.[8] Disputou un total de 40 partidos coa selección.[4]

Xogou tamén na selección galega, da que foi capitá, e coa que conquistou cinco Campionatos de España de Seleccións Territoriais.[9][6]

Palmarés editar

Sal Lence

CD Ourense

Ourense CF

Selección de Galicia

Notas editar

  1. Ron, Jorge (14 de xullo de 2017). "Bea Seijas, inagotable". La Región (en castelán). Consultado o 3 de maio de 2021. 
  2. "Ricardo, ex-jugador del Chaston, podría alinearse en el Palacio de Riazor con el Marsanz". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de novembro de 1990. p. 57. 
  3. "El gol imposible de la «abuela»". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de decembro de 2015. Consultado o 3 de maio de 2021. 
  4. 4,0 4,1 "Tras 28 temporadas, Bea Seijas pone punto final a una carrera excepcional" (en castelán). 28 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2021. Consultado o 3 de maio de 2021. 
  5. "Bea Seijas, del Ourense Envialia, anuncia su retirada del fútbol sala". La Región (en castelán). 28 de maio de 2019. Consultado o 3 de maio de 2021. 
  6. 6,0 6,1 "Bea Seijas é a nova seleccionadora galega alevín feminina de fútbol sala". 10 de xaneiro de 2020. Consultado o 3 de maio de 2021. 
  7. "La selección nacional femenina goleó a la gallega en el homenaje a Chus: 8-0". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de decembro de 1990. p. 52. 
  8. "Sabes cantas galegas había na primeira Selección Española de fútbol sala?". 8 de marzo de 2021. Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  9. "Bea Seijas gañó con la selección gallega absoluta a Cataluña" (en castelán). 8 de marzo de 2017. Consultado o 3 de maio de 2021.