Batalla do río Órbigo

(Redirección desde «Batalla do Órbigo»)

Coordenadas: 41°59′24″N 5°42′24″O / 41.9899, -5.70655

A batalla de Órbigo foi un conflito bélico que tivo lugar na Gallaecia no ano 456 entre os exércitos do rei suevo Requiario e unha coalición de tropas imperiais romanas e visigodas, que tiña como obxectivo acabar co reino que os suevos mantiñan na Gallaecia. Con todo, e a pesar da vitoria da coalición, estes non lograron destruír o reino, e a independencia dos reis suevos manteríase durante máis de 120 anos. Debe o seu nome ao río Órbigo, que foi onde tivo o enfrontamento, preto de Astorga.

Batalla do río Órbigo
Data 456
Lugar río Órbigo
Resultado Vitoria visigoda
Belixerantes
reino suevo de Galicia reino visigodo de Tolosa
Líderes
Requiario Teodorico II

No mesmo lugar houbo posteriormente outras batallas. No ano 900 combateron as tropas do rei Afonso III o Magno (866-910), e as do emir Abd Allah I de Córdoba (888-912). No século XIII construíuse a ponte do río Órbigo, e preto dela está o Hospital de Órbigo.

Historia e consecuenciasEditar

Os suevos xa se converteran ao catolicismo. Por mor das súas campañas expansionistas e tendo enfronte ao Imperio romano (nese momento xa moi debilitado polas derrotas sufridas), o emperador romano Avito, temendo unha represalia, pediu axuda ao visigodo Teodorico II. Trala vitoria da coalición,[1] Teodorico II dirixiuse cara a Bracara Augusta (Braga), onde derrotou novamente aos suevos, saqueou a cidade e deu morte Requiario (entón rei da Gallaecia), poñendo como gobernador ao aristócrata hérulo Aguiúlfo.

Ante estes feitos, gran parte dos suevos non recoñeceron a autoridade de Aguiúlfo decidindo proclamar un novo rei de nome Frantán. Fragmentouse politicamente o reino en dúas faccións, os dous reis gobernaron a Gallaecia a un mesmo tempo: Frantán e Aguiúlfo. No ano 457, Maldras reunificou o reino, pero dous anos despois foi asasinado logo dunha conspiración. O reino foi dividido de novo, nesta ocasión entre Frumario e Remismundo (fillo de Maldras), que no 463 pasou a reinar en solitario. Trala morte de Remismundo no 469, o reino caeu nun período escuro caracterizado pola case total ausencia de fontes documentais até a chegada ao trono de Carriarico cara o ano 550.

NotasEditar

  1. Thompson (1980), p. 163

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar