Bartolomé Salas Ribot

futbolista español

Bartolomé Salas Ribot, nado en Palma o 30 de novembro de 1919 e finado o 25 de agosto de 2013, foi un futbolista balear, que xogaba na demarcación de defensa.

Modelo:BiografíaBartolomé Salas Ribot
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1919 Editar o valor en Wikidata
Palma, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de agosto de 2013 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1939 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Club Deportivo Málaga
  Real Murcia
  RCD Mallorca
  Celta de Vigo
  Hércules CF
1940–1945 Club Esportiu Constància d'Inca

Traxectoria

editar

Comezou a xogar ao fútbol no Peña Soledad e no Juventud Antoniana. Durante a Guerra Civil Española serviu como soldado, participando na Batalla do río Ebro. Unha vez rematada a contenda fichou polo CD Malacitano, ata que volveu a Mallorca e fichou polo Constancia. Militou no equipo de Inca catro tempadas, nas cales incluso acadou o ascenso a Primeira División.

Ese mesmo ano, tempada 1945/46, no que o Constancia debutaría na máxima categoría ficha polo Hércules CF, porén o equipo descendería a Segunda División esa tempada.

En 1946 ficha polo Celta de Vigo, co que debutou o 22 de setembro de 1946 en Barcelona. A tempada seguinte sería unha das mellores da historia do club, na que loitou polo título de Liga ata as últimas xornadas e chegando á final da Copa do Xeneralísimo.

Militou no Celta catro anos, compartindo defensa con xogadores como José Mesa ou Cabiño. Xa iniciada a tempada 1949/50 ficha polo Real Murcia de Segunda División e co que acadou o ascenso ese mesmo ano. Porén o equipo volvería descender e tras un ano máis na categoría de prata deixou o equipo para volver a Mallorca e fichar polo RCD Mallorca, con 33 anos.

En 1956 recibiu a baixa do Mallorca e fichou polo Porreres para ao ano seguinte retirarse do fútbol xogando no Club Deportivo Soledad.