Abrir o menú principal

José Mesa Suárez, nado o 31 de marzo de 1915 nas Palmas de Gran Canaria e finado en febreiro de 1974 en Marbella, foi un futbolista que xogaba na demarcación de defensa.

José Mesa
Nacemento31 de marzo de 1915
 As Palmas de Gran Canaria
Falecemento16 de febreiro de 1974
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfutbolista
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Chega á elite do fútbol en 1934 cando ficha polo Athletic Club de Madrid que trala fusión co Aviación Nacional en 1939 pasaría a chamarse Atlético de Madrid. Co club madrileño disputou 109 encontros en Primeira División proclamándose campión de Liga en dúas ocasións.

No ano 1945 o Celta de Vigo, dirixido por Károly Plattkó, ficha ao xogador. Pepe Mesa militou catro tempadas en Vigo, das cales a máis exitosa foi a das vodas de prata do club, na que se proclamou subcampión da Copa de España e rematou a Liga no cuarto posto.

Ao remate da tempada 1948-49, Mesa deixa Vigo tras disputar 76 encontros en Primeira División.

Campionatos nacionaisEditar

Título Club Ano
Liga española de fútbol Atlético de Madrid 1939-40
Liga española de fútbol Atlético de Madrid 1940-41
Copa Eva Duarte Atlético de Madrid 1940-41

Véxase taménEditar