Bartolomé Mostaza
Bartolomé Mostaza Rodríguez, nado en Santa Colomba de Sanabria (Zamora) o 14 de setembro de 1907 e finado en Madrid o 2 de abril de 1982, foi un político, escritor e xornalista español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de setembro de 1907 ![]() Santa Colomba de Sanabria, España (en) ![]() ![]() |
Morte | 2 de abril de 1982 ![]() Madrid, España ![]() |
Educación | Universidade de Salamanca ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor, político ![]() |
Membro de | |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Joaquín Mostaza Rodríguez e descendente da familia Rodríguez de Medio, foi o terceiro de nove irmáns. O seu pai morreu cando tiña once anos. Graduado en filoloxía clásica e dereito na Universidade de Salamanca, empezou a exercer o xornalismo en 1932, sendo redactor de El Debate.
Durante o período republicano evolucionou cara ao falanxismo. Tras o inicio da Guerra Civil, foi xefe provincial de Prensa e Propaganda de Falange en Ourense onde fundou e dirixiu o xornal Rumbo. Foi xuíz municipal de Ourense e tenente de Estado Mayor. Foi nomeado director de Arco en xuño de 1939[1]. Durante o franquismo, tras dirixir varias cabeceiras de provincias e a revista falanxista Fotos, chegou á subdirección do tamén falanxista Arriba. Posteriormente pasou a Ya, onde foi xefe da sección internacional, crítico literario e subdirector. Entre 1970 e 1977 foi o seu director. Tamén foi o representante da redacción de Ya no consello de administración de Editorial Católica, propietaria do xornal. Foi tamén censor oficial de teatro.
Destacou pola súa faceta docente: Foi un dos profesores da escola de xornalismo de El Debate, membro do claustro da Escola de Xornalismo da Igrexa e director da Escola Oficial de Xornalismo.
Escribiu obras relacionadas coa doutrina da igrexa católica, como Comentarios a las encíclicas Mater et Magistra e Pacem in terris; tamén abordou o ensaio político: Comunicación social e integración europea e Europa como espacio geopolítico; e a poesía Búsqueda (1949), La vida en vilo (1952) e En esta tierra. Durante os últimos anos da súa vida, traballou en Poesía española del siglo XIII al siglo XX, unha obra de investigación e crítica. Obtivo en dúas ocasións o Premio Nacional de Periodismo.
Dous dos seus irmáns Miguel Mostaza Rodríguez e Antonio Mostaza Rodríguez alcanzaron certa relevancia no ámbito eclesiástico español do século XX.
Obras
editarVida persoal
editarCasou en Ourense con Sara Martínez Fernández en febreiro de 1939.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Necrolóxica, en El País.