Barthélémy Dumortier

Político e botánio belga


O conde Barthélemy Charles Joseph Dumortier (ás veces escrito Du Mortier),[1] nado o 3 de abril de 1797 en Tournai, e finado o 9 de xullo de 1878 na mesma cidade, foi un político e botánico belga. Membro da Cámara de Representantes desde a creación de Bélxica, foi tamén Ministro de Estado. En 1885 o rei Leopoldo II outorgoulle o título de conde.

Modelo:BiografíaBarthélémy Dumortier

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalBarthélemy Charles Joseph Dumortier
Biografía
Nacemento3 de abril de 1797 Editar o valor en Wikidata
Tournai, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xullo de 1878 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Tournai, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Cargos
Deputado da Cámara de Representantes de Bélxica (1831-1878)
Ministro de Estado de Bélxica (desde o 7 de xullo de 1872)
Datos persoais
EducaciónCollège Stanislas, Universidade de Francia, París
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, botánico
Partido políticoPartido Católico (Bélgica) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaDumort. Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
CónxuxePhilippine Rutteau Editar o valor en Wikidata
FillosBarthélemy-Noël Dumortier Editar o valor en Wikidata
PaisBarthélemy-François Dumortier Editar o valor en Wikidata  e Marie-Jeanne Willaumez Editar o valor en Wikidata
ParentesMaurice Houtart, bisneto Editar o valor en Wikidata
Premios
Membro da Academia Real das Ciencias, as Letras e as Belas Artes de Bélxica, e da Leopoldina

Descrito pola fonteSvensk uppslagsbok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1255272

Traxectoria

editar

Dumortier era fillo do negociante e conselliro comunal de Tournai Barthélemy-François Dumortier e da súa esposa Marie-Jeanne Willaumez. Casou con Philippine Rutteau e desta unión naceu un fillo, Barthélemy-Noël Dumortier.

En 1824 fundou Le Courrier de l'Escaut, un xornal crítico do goberno. Estivo involucrado na revolución belga de 1830 e foi elixido membro do novo Parlamento fundado en 1831. Representou ao distrito de Tournai até 1847, e despois foi elixido para o distrito de Roeselare, posto que ocupou até a súa morte.

O botánico

editar

A principios da década de 1820 Dumortier publicou a súa primeira achega á botánica, en latín. O seu obxectivo principal era identificar a flora nacional. En 1827 publicou Flora Belgica, obra na que utilizou unha clasificación natural. A súa atención dirixiuse decontado aos aspectos sistemáticos, e incluso creou o seu propio sistema de clasificación. Tense dito que durante esta década foi o primeiro en observar a división celular.[Cómpre referencia]

En 1829 converteuse en membro da prestixiosa Academia de Bruxelas, unha distinción moi solicitada, e foi recoñecido como un dos mellores naturalistas dos Países Baixos, xa que estudou non só botánica, senón tamén zooloxía, porque o seu interese polos invertebrados era grande.

En 1862, cando se creou a Société Royale de Botanique de Belgique, Dumortier foi requirido de inmediato como primeiro presidente. Foi tanto un mentor como un protector para os xoves botánicos que se uniron a este novo grupo. François Crépin dedicáralle a súa obra mestra La Flore de Belgique (1860) dous anos antes. Estes dous feitos ilustran a influencia e a aura do vello botánico de Tournai.

Dumortier propuxo á sociedade que administraba o xardín botánico de Bruxelas crear un xardín botánico do Estado na capital capital. Instou ao parlamento que comprara o impresionante herbario e a colección de Carl Friedrich Philipp von Martius, o que se fixo en 1869, uns meses antes de que o Estado belga comprara o xardín botánico de Bruxelas. Dumortier quería crear un xardín botánico seguindo o modelo do Real Xardín Botánico de Kew.

Nesta nova institución, Dumortier dominou sen ningunha consideración outras opinións máis que as propias, como un mestre perfecto. Isto causou gran tensión e incluso puxo en perigo a institución, pero contou cun forte apoio político. Non foi derrotado até que a autoridade decidiu unir o Museo de Historia Natural co Xardín Botánico, en 1875. O director das dúas institucións foi Édouard Dupont, inimigo xurado de Dumortier, que porén permaneceu como director científico do Xardín Botánico.

Dupont, que non estaba de acordo, dimitiu en 1876, e François Crépin, amigo de Dumortier, foi o novo director.

O revolucionario

editar

Baixo o seudónimo de Belgicus, publicó cartas en Tournai en xaneiro de 1830 denunciando a actitude do goberno do Reino dos belgas, e estigmatizou aos seus compatriotas do norte alcumándoos como "holandeses", que provocou claramente un desexo de secesión das provincias do sur. Foi condecorado coa Cruz de Ferro de Bélxica.

Publicacións

editar
 
Monumento a Durmontier en Tournai.
  • Commentationes botanicae. Observations botaniques (imprimerie de C. Casterman-Dieu, Tournay, 1823).
  • Observations sur les graminées de la flore de Belgique (J. Casterman aîné, Tournay, 1823).
  • Analyse des familles des plantes, avec l'indication des principaux genres qui s'y rattachent (J. Casterman aîné, Tournay, 1829).
  • Lettres sur le manifeste du Roi et les griefs de la nation, par Belgicus (J. Casterman aîné, Tournay, 1830).
  • Sylloge Jungermannidearum Europae indigenarum, earum genera et species systematice complectens (J. Casterman aîné, Tournay, 1830).
  • Recherches sur la structure comparée et le développement des animaux et des végétaux (M. Hayez, Bruxelles, 1832).
  • Essai carpographique présentant une nouvelle classification des fruits (M. Hayez, Bruxelles, 1835).
  • La Belgique et les vingt-quatre articles (Société nationale, Bruxelles, 1838).
  • Observations complémentaires sur le partage des dettes des Pays-Bas (Société nationale, Bruxelles, 1838).
  • Pomone tournaisienne, gravures de M. W. Brown (Veuve H. Casterman, Tournay, 1869)

Honores

editar

Epónimos

editar
Xénero vexetal
Xénero animal

Abreviaturas

editar

As abreviaturas Dum., Dumort. ou Dumortierse empréganse para recoñecer a Barthélemy Dumortier como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.

  1. Barthélemy Dumortier asinaba ás veces como B. C. Du Mortier.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Paul André Roger (2018): Biographie générale des Belges morts ou vivants. Bruxelas: Forgotten Books. ISBN 978-0-3650-0013-6. (1ª ed.: G. Deroovers, libraire et relieur, Bruxelles, 1850, p. 77).
  • Eugène De Seyn (2921): Dictionnaire des écrivains belges. Bruges: Ed. Excelsior, Bruges. (p. 757).
  • Nicolas de Streel, Baudouin de Theux, Bertand Maus de Rolley et Luc Vandamme (2014): Portraits en médailles de nobles belges de 1830 à nos jours. Bruxelles: Association de la noblesse du royaume de Belgique.

Ligazóns externas

editar