Universidade de Francia

antiga universidade

A Universidade de Francia, tamén coñecida como Universidade Imperial e normalmente chamada a Universidade, foi o nome da administración francesa do século XIX encargada da educación superior en Francia.[1]

Universidade de Francia
Datos xerais
Datos actuais
Datos de contacto
editar datos en Wikidata ]
Napoleón Bonaparte, emperador de Francia.

Historia editar

Napoleón Bonaparte quixo reorganizar completamente o sistema educativo francés, incluída a Universidade. A lei de 10 de maio de 1806 establecía que: "baixo o nome de Universidade Imperial, crearase unha corporación encargada exclusivamente da ensinanza e da educación pública en todo o Imperio".[2][3]

O decreto de 17 de marzo de 1808 ordena o funcionamento da Universidade. A Universidade, que está por riba de todas as ordes educativas e na que ninguén pode ensinar sen a autorización do Gran Mestre, e coa condición de ser parte da Universidade. O texto establece seis ordes escolares:

  • as facultades (teoloxía, dereito, medicina, letras e ciencias);
  • os liceos (ensinanza media de primeira clase);
  • os colexios (ensinanza media de segunda clase);
  • as institucións;
  • os internados;
  • as "pequenas escolas" (primaria).

Notas editar

  1. Léon, Antoine: Histoire de l'enseignement en France. París: P. Roche. ISBN 2-13053706-5, páxs. 65-66.
  2. "Il sera formé, sous le nom d'Université impériale, un corps chargé exclusivement de l'enseignement et de l'éducation publiques dans tout l'Empire".
  3. Lucien Lefevre (1971). "(Barnard H.C.) Education and the French Revolution (A educación e a Revolución Francesa)" (16). Revue française de pédagogie: 40–41. ISSN 0556-7807.