Bandeira kapok
A bandeira kapok é un dos símbolos que representa as provincias de Guangdong no sur da China, a súa lingua, cultura, nacionalismo e separatismo. Porén, a bandeira é dificilmente recoñecíbel e non é utilizado oficialemnte na provincia de Guangdong ou noutras provincias da China continental.[1] É unha bandeira tricolor composta por franxas horizontais de cor verde, marrón e azul.[2]
Bandeira kapok | |
---|---|
Características | |
Proporción | 3:2 |
Adopción | Non adoptada |
Deseño e simbolismo
editarA bandeira consta de tres franxas horizontais e unha imaxe estilizada dunha flor kapok no centro. Bombax ceiba coñécese literalmente como "flores da árbore de algodón" en cantonés. É a flor oficial de Guangzhou, a capital da provincia de Guangdong. O uso de flores como símbolos nacionais é popular na rexión de Asia Oriental (o crisantemo xaponés, o hibisco surcoreano, a flor de ameixa taiwanés e a orquídea nobre manchú). O verde representa liberdade, paz e vitalidade. O marrón representa a cultura cantonesa. O azul representa a democracia e o océano.[3]
Notas
editar- ↑ "大粵民國臨時政府 (大粵本土粵人請借助VPN或者匿名代理穿牆訪問) Republic of Cantonia Provisional Government - View topic - Dàai Jyùt Mān Gwôk Màan Sûi 大粵民國萬歲". canton.ehoh.net. Consultado o 2022-04-07.
- ↑ fotw.info (ed.). ""Cantonia" (Guangdong province)". Consultado o 3 de maio de 2022.
- ↑ "Proposed national flag of Cantonia". Twitter (en inglés). Consultado o 2022-04-07.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Bandeira kapok en Flags of the World (en inglés)