Bandeira do Tíbet

A bandeira do Tíbet (en tibetano: བོད་ཀྱི་རྒྱལ་དར།), tamén coñecida como a "bandeira do león das neves" (gangs seng dar cha), foi utilizada polo goberno independente de facto do Tíbet dende 1916 até 1951.[1] Foi adoptada polo 13º Dalai Lama en 1916[2] e utilizada ata 1959.[3] Aínda que a bandeira tibetana é ilegal hoxe en día no Tíbet baixo o poder da China,[4] segue a ser utilizada pola Administración Central Tibetana, con sede en Dharamshala, na India.[5]

Bandeira do Tíbet
Bandeira do Tíbet
Características
Uso
Proporción5:8
Adopción1916
Cores     Azul      Vermello      Branco      Amarelo

O Goberno da República Popular Chinesa considera que é un símbolo do separatismo; porén, o Dalai Lama, o líder espiritual do pobo tibetano, dixo nos últimos anos que esperaba que o Tíbet acadara unha verdadeira autonomía e non pedise a independencia. El cre que o simbolismo da bandeira é semellante ao da bandeira rexional de Hong Kong e non representa o movemento independentista tibetano, senón o concepto de procurar a liberdade relixiosa e buscar a igualdade nacional e o respecto mutuo.

Notas editar

  1. Goldstein, Melvyn C. (2009). A History of Modern Tibet: The Calm Before the Storm: 1951–1955 2. University of California Press. p. 203. 
  2. Dundul Namgyal Tsarong (10 de outubro de 2000). In the Service of His Country: The Biography Of Dasang Damdul Tsarong Commander General Of Tibet. Shambhala. p. 51. ISBN 978-1-55939-981-4. 
  3. Melvyn C. Goldstein, Dawei Sherap e William R. Siebenschuh, A Tibetan revolutionary : the political life and times of Bapa Phuntso Wangye, University of California Press, 2004, pp. 174–175, 194–195
  4. Freedom House. "Freedom in the World 2020: Tibet". Consultado o 9 de maio de 2021. 
  5. Administration, Central Tibetan. "The Tibetan National Flag". Consultado o 25 de agosto de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar