Independentismo tibetano

movemento político que procura a independencia do Tíbet respecto da China

O independentismo tibetano (en chinés: 西藏独立运动) é o movemento político que defende a separación e independencia do Tíbet respecto da China. O movemento é liderado pola diáspora tibetana en países como a India e os Estados Unidos de América, así como por celebridades e budistas tibetanos dos Estados Unidos, a India e Europa. O movemento xa non está apoiado polo 14º Dalai Lama, que aínda que o defendeu dende 1961 até finais da década de 1970, propuxo unha especie de autonomía de alto nivel nun discurso en Estrasburgo en 1988,[1] e dende entón restrinxiu a súa posición a autonomía para o pobo tibetano na Rexión Autónoma do Tíbet dentro da China,[2] ou ampliando a área da autonomía para incluír partes das provincias chinesas veciñas habitadas por tibetanos.[3]

A bandeira do Tíbet é a miúdo utilizado como símbolo do movemento tibetano de independencia. Foi introducida polo 13º Dalai Lama a comezos do século XX e é utilizada polo Goberno Tibetano no exilio, na India.

Notas editar

  1. Smith, Warren W. (2008). China's Tibet?: Autonomy or Assimilation. Rowman & Littlefield. p. 214. ISBN 978-0-7425-3989-1. 
  2. McDonald, Hamish (15 de marzo de 2005). "Tibet part of China: Dalai Lama". The Age. Fairfax. Consultado o 12 de marzo de 2012. 
  3. Reasonable Demands Needed From Dalai Lama

Véxase tamén editar

Bibliografía editar