Abrir o menú principal

O Selo do Xapón, tamén chamado Selo do Crisantemo (菊紋 kikumon?) ou Emblema Imperial do Crisantemo (菊の御紋 kikunogomon?), é o símbolo do emperador xaponés. Está formado por unha representación da flor do crisantemo de ouro (cor amarela ou dourada). É por iso que ao Xapón o coñecen como o Imperio do Crisantemo. Ata o ano 2005 non se especificou nunha lei que se empregase como símbolo nacional, pero o crisantemo xa era empregado como tal. Os membros da familia imperial úsano como emblema persoal con algunhas modificacións.

Selo do Xapón
Japanese Imperial Seal.svg
Detalles
ArmigerAkihito, Emperador do Xapón
CristaCrisantemo
OrdesOrde do Crisantemo