Bandeira de Turquestán Oriental
A bandeira de Turquestán Oriental (en uigur: شەرقىي تۈركىستان دۆلەت بايرىقى) ou Kökbayraq ("bandeira do ceo") é unha bandeira non oficial usada para representar a rexión de Xinjiang da China e a rexión histórica de Turquestán Oriental en Asia. A bandeira foi orixinalmente usada como bandeira nacional do breve estado separatista coñecido como Primeira República de Turquestán Oriental (1933–1934). A bandeira componse dun campo azul celeste cunha lúa crecente e unha estrela de cinco puntas brancas,[1] e foi adoptada o 12 de novembro de 1933 como bandeira nacional durante a declaración de independencia.[2] Agás polo fondo azul, a bandeira é idéntica á bandeira de Turquía.
Bandeira de Turquestán Oriental | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 1933 |
Cores | Azul Branco |
Uso
editarA bandeira é usada en tempos modernos como símbolo do independentismo de Turquestán Oriental e polo goberno no exilio como a bandeira nacional dun Turquestán Oriental independente.[3]
A cor azul clara do fondo está tomada da cor do ceo e é unha cor predominante na cultura turca que representa o ceo, esencialmente o azul representa os pobos turcos. A lúa crecente representa a noción de ser vitorioso (invencible) e non é necesariamente un símbolo islámico, de feito foron os turcos os que introduciron o crecente no mundo islámico. A estrela representa a nación turca, e tamén se atopa na bandeira do Imperio Hun Branco (heftalita) e en varios outros imperios e estados turcos.[1]
Galería de imaxes
editar-
Manifestantes coa bandeira Kökbayraq diante do edificio da ONU en Nova York.
-
Uigures sostendo a bandeira nun evento.
-
Muller uigur bailando diante da bandeira en Washington D.C.
-
Home uigur coa bandeira.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "National Flag". East Turkistan Government in Exile. Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ Klimeš, Ondřej (3 de novembro de 2014). "Nationalism and modernism in the East Turkestan Republic, 1933–34.". Central Asian Survey 34 (2): 162–176. doi:10.1080/02634937.2014.976947. Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ Constitution – East Turkistan Government in Exile Arquivado 02 de abril de 2018 en Wayback Machine.. Article 4.