Ban Ki-moon
Bando Ki-moon (en hangul: 반기문), nado en Eumseong o 13 de xuño de 1944, é un diplomático surcoreano, secretario xeral das Nacións Unidas, entre 2007 e 2016.
Ban Ki-moon | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 13 de xuño de 1944 |
Lugar de nacemento | Eumseong County |
Nacionalidade | Corea do Sur |
Relixión | Confucianismo e Budismo |
Alma máter | Universidade Nacional de Seul, John F. Kennedy School of Government, Chungju High School e Universidade Harvard |
Ocupación | político, diplomático, escritor e participante do fórum internacional |
Cargos | Secretario Xeral da ONU (2007 - 2016) |
Premios | Honorary doctor of the Katholieke Universiteit Leuven, Emblem of Unity, Orden da Amistade, Collar of the Spanish Order of the Civil Merit, Grande Cruz do Mérito da República Federal da Alemanha, Grande Estrela da Condecoración por Servizos á República de Austria, Dostyk Order of grade I, James A. Van Fleet Award, Humanitarian of the Year, honorary doctorate from Columbia University, honorary doctorate of the National University of San Marcos, Ordem de Rio Branco, Order of Sikatuna, Order of Ismoili Somoni, The National Order of Burkina Faso, National Order of the Ivory Coast, Order of José Matías Delgado, National Order of Madagascar, Ordem do Libertador San Martin, Gran Cruz da Orde El Sol do Perú, Gran cruz da Lexión de Honor, Gold Olympic Order, Knight Grand Cross in the Order of the Netherlands Lion, Honorary doctor at the Nanjing University, honorary doctor of the Moscow State Institute of International Relations, Grã-Cruz da Ordem da Liberdade, Medal of the Oriental Republic of Uruguay, Medal of Honor of the Congress of the Republic of Peru, Distinguished SNU Members, grande oficial da Lexión de Honor, Order of Merit for Distinguished Services, Order of Saint-Charles, Ordem do Mérito da República Federal da Alemanha, Ordem do Leão Neerlandês, Orde do Mérito Civil, Ordem da Liberdade, Order of Saint Agatha, Ordem do Sol, National Order of Merit, Condecoração de Honra por Serviços à República da Áustria e Ordem Olímpica |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Graduouse en relacións internacionais na Universidade Nacional de Seúl en 1970 e cursou un máster de administración pública na escola gobernamental John F. Kennedy na Universidade Harvard en 1985.
En 1978 foi nomeado primeiro secretario da misión de Corea do Sur nas Nacións Unidas, cargo que ocupou ata 1980 para ser director da oficina das Nacións Unidas no Ministerio de Asuntos exteriores. No ano 1996 foi nomeado conselleiro de Seguridade Nacional de Kim Young-sam, presidente de Corea do Sur entre 1993 e 1998, chegando a ser vicepresidente no ano 2000.
Posteriormente entre 2001 e 2002 foi nomeado director do gabinete de Han Seung-soo, presidente da Asemblea Xeral das Nacións Unidas naquel período, e durante o cal traballou no establecemento dunha resolución de condena dos Atentados terroristas do 11 de setembro de 2001 aos Estados Unidos.
En xaneiro de 2004 foi nomeado Ministro de Asuntos exteriores de Corea do Sur por parte do Goberno do Presidente Roh Moo-hyun, sendo unha peza clave nas conversacións con Corea do Norte ante o seu avance armamentístico nuclear. Ao ser escollido secretario xeral das Nacións Unidas foi sucedido por Song Min-soon.
O 13 de outubro de 2006 a Asemblea Xeral da ONU, na súa sesión plenaria, nomeouno por aclamación secretario xeral das Nacións Unidas en substitución de Kofi Annan. O 14 de decembro de 2006 prometeu o seu cargo ante os 192 membros da Asemblea e o 1 de xaneiro de 2007 iniciou o seu mandato como secretario xeral da ONU.
Predecesor: Kofi Annan |
Secretario Xeral das Nacións Unidas 2007 - 2016 |
Sucesor: António Guterres |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ban Ki-moon |