O Balonmán Xiria, coñecido por motivos de patrocinio como Calvo Xiria, é a sección de balonmán da asociación polideportiva galega Xiria da localidade de Carballo (A Coruña), que na tempada 2019-20 compite na 1ª División Estatal do balonmán español. Disputa os seus partidos como local no Pavillon da Zona Escolar da capital bergantiñá, cunha capacidade para aproximandamente 1200 espectadores.

Balonmán Xiria
Nome completoEscolas de Balonmán Xiria
(Sección de Balonmán da AD Xiria)
CidadeCarballo, Galicia Galicia
Historia1984-
Fundado1984
PavillónPavillón da Zona Escolar (800 espectadores sentados)
PresidenteGalicia Luciano Calvo Pumpido
AdestradorGalicia Adrián Dubra Ceniceros
CompeticiónPrimeira Nacional Grupo A
Cores               Verde, negro e branco
Sitio web
Sitio web oficial

Historia editar

A sección de balonmán da Asociación Deportiva Xiria foi fundada no ano 1984.

Na tempada 2010-11 o Xiria fixo historia ao clasificarse por primeira vez na súa historia para disputar a fase de ascenso á División de Honra B, a segunda categoría do balonmán no estado español por detrás da Asobal, conseguíndoo cun equipo formado por xogadores saídos da base do club[1][2].

En setembro de 2011 o equipo dirixido por Marcos Rodríguez estivo a piques de facer historia e clasificarse para a final da Copa Galicia, cuxa fase final se disputou na capital bergantiñá, logo de caer fronte ao Academia Octavio de Vigo, que daquela competía na Liga Asobal, por 26-28 nun partido no que os carballeses foron por diante no marcador ata o minuto 48. Esta foi a primeira vez que o Xiria se enfrontou a un equipo da máxima categoría do balonmán español.[3][4]

O 1 de maio de 2021 o Xiria conseguiu a clasificación para a fase de ascenso a División de Honra Prata por sétima vez na súa historia logo de superar con claridade en Carballo no derbi provincial ao OAR A Coruña por 20-37.[5]

En marzo de 2023, dez anos despois da súa creación, o equipo feminino conseguiu o campionato da Primeira Galicia logo de impoñerse ao Balonmán Seis do Nadal-Coia no Pavillón Vila de Noia de Carballo (35-20). Deste xeito o equipo carballés clasificábase para disputar a fase de ascenso á División de Honra Prata. [6]

Notas editar

  1. O Calvo consegue a súa maior xesta (La Voz de Galicia) (en galego)
  2. El Xiria arrolla al Novás y luchará por el ascenso (La Opinión de A Coruña) (en castelán)
  3. Ferreiro, José M. (4 de setembro de 2011). "El Calvo tuteó al Octavio con una afición entregada". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de novembro de 2019. 
  4. "El Calvo Xiria juega ante el Octavio de la liga Asobal en la Copa Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de agosto de 2011. Consultado o 28 de novembro de 2019. 
  5. "El Calvo Xiria disputará la séptima fase de ascenso a Plata". La Voz de Galicia (en es)). 1 de maio de 2021. Consultado o 2 de maio de 2021. 
  6. Lestón, Antón (26 de marzo de 2023). "El Xiria femenino, campeón de la Primera Autonómica". La Voz de Galicia (en es)). Consultado o 27 de marzo de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.