Complexo Deportivo da Zona Escolar

recinto polideportivo en Carballo

Coordenadas: 43°13′02″N 8°41′02″O / 43.217294112935, -8.6839597099517

O Complexo Deportivo da Zona Escolar ou Complexo Deportivo Vila de Noia, é un recinto polideportivo da localidade de Carballo. Trátase do lugar emblemático do deporte carballés, inaugurado en 1989 e feudo das distintas seccións da AD Xiria (baloncesto, balonmán e voleibol). O Pavillón está construído coa piscina ao seu carón nun recinto único. O complexo conta cunha piscina climatizada inaugurada en 1987 (remodelada no 2009 para acoller tamén unha zona spa), un pavillón de parqué flotante e un ximnasio.

Polideportivo da Zona Escolar
Datos
LocalizaciónCarballo, Galiza
Construción
Inauguración1989
Estadio
Dimensións42 x 25
Capacidade800 asentos
LocalíaBasket Xiria
Balonmán Xiria
Voleibol Xiria

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar