Nauterra

grupo empresarial galego de alimentación centrado na conserva
(Redirección desde «Grupo Calvo»)

Nauterra, anteriormente[1] chamado Grupo Calvo, é un grupo empresarial galego de alimentación con sede en Carballo[2]. Calvo dedícase á pesca, produción, transformación e comercialización de conservas de peixe e pratos precociñados. A empresa vende os seus produtos en 60 países.

Calvo
TipoSociedade Anónima
Fundación1940
MatrizLuis Calvo Sanz SA
LocalizaciónEstrada Coruña-Fisterra, Km 34,5 Carballo 15106 A Coruña Galicia Galicia
FundadorLuís Calvo Sanz
Persoas claveJosé Luis Calvo Pumpido (Presidente)
Manuel Calvo García-Benavides (Director)
IndustriaAlimentación
ProdutosConservas
Pratos precociñados
Beneficio operativo51,6 millóns de euros (en 2022)[1]
Número de empregados5200[1]
Na rede
https://www.grupocalvo.com
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

As orixes da empresa están na Maragatería previo paso por Cuba. A familia Calvo estableceuse en Carballo a finais do século XIX[3]. Dende entón é unha empresa familiar.

Calvo foi creada en 1940 por Luís Calvo Sanz. En 2004 Calvo mercou a marca brasileira Gomes da Costa, pasando a ser unha das cinco maiores empresas conserveiras do mundo. En 2008 Calvo colleitou unhas ganancias de dous millóns de euros.[4]. O Grupo Calvo está agrupado baixo o nome de Luis Calvo Sanz, S.A.

En 2012 a multinacional Bolton International Group comprou o 40% das accións da empresa por uns 125 millóns de euros[5].

En 2023 contaba con 5200 empregados[1], e mais con fábricas e oficinas en siete países, entre eles O Salvador, Venezuela e Costa Rica e filiais en Italia (baixo a marca Nostromo) e o Brasil (baixo a marca Gomes da Costa). O grupo tivo un volume de negocio de 678 millóns de euros en 2022[1].

Produtos editar

  • Conservas de peixes e marisco
  • Pratos precociñados

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Galindo, C. (2023-11-14). "El grupo conservero Calvo cambia su nombre por Nauterra para impulsar su expansión internacional". El País (en castelán). Consultado o 2023-11-14. 
  2. "Información legal Arquivado 14 de setembro de 2010 en Wayback Machine.." Calvo. Consultado o 1 de setembro de 2010.(en castelán)
  3. José Luis Calvo, desde Carballo para el mundo. El País (en castelán)
  4. "Calvo comes out on top Arquivado 05 de outubro de 2011 en Wayback Machine.." FIS United States. Consultado o 1 de setembro de 2010. (en inglés)
  5. Grupo Calvo - Luis Calvo Sanz, S.A. (Group Headquarter) Arquivado 06 de novembro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar