Abrir o menú principal

División de Honra Prata de balonmán

A División de Honra Prata (ata 2008 División de Honra B) é a segunda categoría do balonmán no estado español e a primeira organizada pola Federación Española de Balonmano. Actualmente é disputada por 16 equipos.

A partir da tempada 2008-09 modificouse o sistema de ascenso á Liga ASOBAL. Antes os dous primeiros equipos ao finalizar a liga (30 xornadas) ascendían directamente, mais agora ascende directamente o primeiro clasificado, xogándose a segunda praza de ascenso os equipos clasificados entre o 2º e o 5º posto nun play-off. Os 3 últimos clasificados descenden á Primeira Nacional automaticamente.

Sistema de competiciónEditar

Cada equipo da liga xoga contra cada un dos demais equipos dúas veces, unha na súa casa, e outra a domicilio ao longo das 30 xornadas das que consta a competición.

Cada vitoria suma dous puntos, mentres que o empate suma un punto e a derrota non suma ningún. Ao final da liga, o campión é:

  1. O equipo que teña máis puntos na clasificación.
  2. Se dous ou máis equipos teñen os mesmos puntos na clasificación, o campión é o equipo que conseguira mellores resultados.
  3. Se non hai un campión logo de aplicar a segunda norma, prestarase atención á diferenza de goles e de vitorias.

Equipos participantes 2011-12Editar

Equipos ascendidos por anoEditar

Véxase taménEditar