AD Ciudad de Guadalajara

AD Ciudad de Guadalajara
Nome do club Asociación Deportiva Ciudad de Guadalajara
Fundado 2007
Pavillón Pazo Multiúsos de Guadalaxara,
Guadalaxara
Capacidade 5.800
Presidente España Adolfo Aragonés
Adestrador España Fernando Bolea
Liga Liga ASOBAL
Equipamentos


Local


Visitante

A Asociación Deportiva Ciudad de Guadalajara, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Quabit BM Guadalajara, é un club de balonmán español da cidade de Guadalaxara, que xoga na Liga ASOBAL.

Historia editar

Foi fundado no 2007 como herdeiro do anterior club de balonmán da cidade castelá, o BM Guadalajara. En tan só tres tempadas conseguiu ascender de Primeira Nacional de balonmán á Liga ASOBAL, a máxima categoría do balonmán español.

Na súa primeira tempada da súa nova etapa, o Realitas BM Guadalajara militou na Primeira Nacional e acadou nun tempo récord o campionato de España da categoría e o ascenso á División de Honra B. Na súa segunda tempada, xa na categora de prata do balonmán español, chegou á fase de ascenso á Liga ASOBAL, aínda que finalmente o club non puido acadar o ascenso ao finalizar no segundo posto do play-off. Na tempada 2009-10, o Rayet BM Guadalajara conseguiu o ascenso á Liga ASOBAL logo de finalizar no 2º posto na liga regular e rematar na 1ª posición no play-off de ascenso.

Tempadas editar

Tempada Categoría Posición na liga regular Play off de ascenso Principal Patrocinador
2007-2008 Primeira Nacional
1º (Ascende)
Reálitas
2008-2009 División de Honra B
2º (Non ascende)
Reálitas
2009-2010 División de Honra B
1º (Ascende)
Rayet
2010-2011 Liga ASOBAL
-
-
Quabit

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar