Avicii
Tim Bergling, nado en Estocolmo o 8 de setembro de 1989 e finado en Omán o 20 de abril de 2018,[2] foi un DJ e produtor musical sueco coñecido polo seu nome artístico Avicii (estilizado como ΛVICII ou ◢ ◤).[3] Avicii clasificouse no posto #6 na clasificación anual dos cen mellores DJs segundo a revista DJ Magazine de 2011,[4] No 2012 acadou o posto #3, que volveu ocupar no 2013.[5] Foi nomeado dúas veces ós premios Grammy polo tema "Sunshine" que fixo con David Guetta en 2012 [6] e no 2013 por "Levels". Algunhas das súas cancións con máis sona son "Waiting for Love", "I Could Be the One" con Nicky Romero, "Wake Me Up", "You Make Me", "X You", "Hey Brother" e "Addicted to You" .
Avicii | |
---|---|
![]() Avicii no 2014. | |
Nome completo | Tim Bergling |
Alias | Tim Berg, Timberman, Tom Hangs |
Nacemento | 8 de setembro de 1989 (31 anos) |
Orixe | Estocolmo, ![]() |
Falecemento | 20 de abril de 2018 (28 anos) |
Mascate | |
Causa | exsanguinação |
Soterrado | Hedvig Eleonora Church |
Ocupación | DJ, músico, produtor e modelo |
Xénero | House, dance, electrónica, folktronica |
Instrumento(s) | Sintetizador, turntables, computador, MacBook Pro, teclado, FL Studio, Logic Pro |
Selo(s) discográfico(s) | Island,[1] LE7ELS, Vicious, Big Beat, Ultra, Capitol, Joia, UMG, Terminal Recordings |
Relacionado con | Brendan Ganesan, John Dahlbäck, Sebastien Drums, Porter Robinson, Lenny Kravitz, Eric Turner, Nadia Ali, Mike Posner, Skrillex, David Guetta, Afrojack, Alesso, Nicky Romero, Noonie Bao, Aloe Blacc, Karen Marie Ørsted, Dan Tyminski, Henrik B |
Tempo en activo | 2006 - presente |
Na rede | |
avicii.com/ | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
Tim Bergling naceu en Estocolmo o 8 de setembro de 1989. En maio de 2007, Avicii asinou co selo Dejfitts Plays.[7] No 2010, Avicii lanzou a canción "Seek Bromance", que acadou o top 20 en varios países, como Bélxica, Francia, os Países Baixos, Reino Unido e Suecia. Tamén fixo un remix do sinxelo "Rapture" de Nadia Ali para o álbum Queen of Clubs Trilogy: Onyx Edition. En outubro de 2010, Avicii asinou co equipo European A&R de EMI Music Publishing.
Clasificación de DJ MagazineEditar
- 2010: #33
- 2011: #6
- 2012: #3
- 2013: #3
- 2014: #6[8]
DiscografíaEditar
ÁlbumsEditar
CompilaciónsEditar
- 2011: Avicii Presents Strictly Miami
- 2011: The Singles
XirasEditar
- True Tour (2014)
- Stories World Tour (2015)
NotasEditar
- ↑ "AVICII: Island Records". Island Records. Consultado o 27 de xaneiro de 2013.
- ↑ BBC (ed.). "Swedish DJ Avicii dies at 28". Consultado o 20 de abril de 2018.
- ↑ "AVICII: Biography". The DJ List. Consultado o 4 de xuño de 2011.
- ↑ "DJ Mag". DJ Mag. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2011.
- ↑ "DJ Mag Top 100 Results". Music Week. Consultado o 19 de outubro de 2012.
- ↑ "Grammy Awards 2012". Consultado o 23 de maio de 2013.
- ↑ "Avicii Bio | Avicii Career". MTV. Consultado o 16 de outubro de 2013.
- ↑ DJ Mag Top 100 Results 2014 Arquivado 02 de xuño de 2015 en Wayback Machine.. djmag.com
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial
- Avicii X You Project
- Avicii on Best4Ears.com
- "Salacious Sound Interviews Avicii". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2013. Consultado o 03 de xaneiro de 2014.