Avenida de Castrelos (Vigo)

vía urbana en Vigo

Coordenadas: 42°12′16″N 8°43′47″O / 42.204565667876, -8.7296002354481

A avenida de Castrelos é unha vía urbana e semiurbana de Vigo. É unha das principais avenidas da cidade, e constitúe unha das vías radiais que parten da praza América e continúase até a parroquia de Valadares, onde se fusiona coa estrada homónima. Durante o seu percorrido atravesa máis de dúas ducias de rúas, estradas, avenidas e camiños, xa que comeza sendo unha vía urbana e remate sendo unha vía semiurbana. Entre as rúas coas que converxe, destacan a avenida de Antonio Palacios, a rúa alcalde Portanet ou a estrada de Clara Campoamor. Desde a construción do novo hospital Álvaro Cunqueiro, constitúe unha das principais vías de acceso a el.

Avenida de Castrelos
Localización
InicioPraza América
FinEstrada de Valadares
LocalidadeVigo
Código postal36210 - 36213

Nas inmediacións da avenida atópase o parque de Castrelos, un dos principais espazos verdes da cidade, na que se atopan xardíns, un auditorio ao aire libre, o museo Quiñones de León e mesmo outros espazos verdes. No inicio da avenida de Castrelos sitúanse tamén o pavillón das Travesas e o IES Santa Irene.

No seu tramo intermedio, coincidindo co parque de Castrelos, o río Lagares atravesa a rúa de xeito subterráneo a través dun soterramento realizado na década de 1970. Antes desta data, o río atravesaba a zona pola superficie, baixo unha ponte medieval a carón da avenida, xusto en fronte do parque.[1]

Tamén se atopa anexo á avenida de Castrelos o cemiterio de Pereiró.

Historia

editar

A avenida de Castrelos, tal e coma se coñece arestora, xurdiu da necesidade de conectar radialmente a concentración urbana do sur de Vigo, que abarcaba a contorna de praza América, coa parroquia de Valadares e a zona sur da cidade. Xa na década de 1920, cando a estrutura embrionaria da que hoxe é a avenida non era máis ca mesmo un camiño de xabre, existía un tranvía que percorría o que agora é a actual vía urbana.[2] Este tranvía conectaba as zonas rurais e fundamentalmente agrarias da periferia co centro urbano da cidade, onde se producían intercambios mercantís de produtos agrícolas, entre outros, en prazas céntricas como a praza da Constitución.[3]

Galería de imaxes

editar
  1. Alonso, Julio. "Ponte medieval de Castrelos.". VigoE. Consultado o 7 de xullo de 2024. 
  2. Alonso, Julio. "Castrelos nos anos 20.". VigoE. Consultado o 7 de xullo de 2024. 
  3. "Mercado da Praza da Constitución.". Concello de Vigo. Consultado o 7 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar