Avelina Valladares

escritora galega
(Redirección desde «Avelina Valladares Núñez»)

Avelina Valladares Núñez, nada en Vilancosta (A Estrada) o 23 de outubro de 1825 e finada en 1902, foi unha escritora galega, e unha das primeiras mulleres que publicou artigos de opinión na prensa escrita, e empregou o galego como lingua dalgúns dos seus poemas. É irmá do tamén escritor Marcial Valladares.

Avelina Valladares
Nome completoAvelina Valladares Núñez
Nacemento23 de outubro de 1825
 Vilancosta
Falecemento17 de marzo de 1902
 A Estrada
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora e autora
IrmánsMarcial Valladares Núñez
XénerosPoesía
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Filla de José Dionisio Valladares Gómez, cunha considerable formación académica debido á súa ascendencia fidalga, Avelina Valladares dedicou parte da súa vida ao coidado dos demais (sempre dende as súas fondas conviccións relixiosas), participando na Xunta Parroquial de Beneficencia da súa parroquia, Berres. Nos períodos comprendidos entre 1840 e 1850, e 1864 e 1879, a escritora adicou a meirande parte do seu tempo á escrita, realizando durante eses anos a maior parte da súa obra literaria.

Como poeta afincada no seu tempo, as súas composicións tratan temas relixiosos, amicais ou de costumes. Non obstante, o que máis chama a atención dentro da súa produción literaria, son os artigos conservados, xa que abordan cuestións prácticas coma os cultivos, fan denuncia social ("El ochavo milagroso" critica algunhas supersticións populares) ou diríxense á autoridade (neste caso eclesiástica) para facer peticións de interese xeral. É tamén digno de destacar o seu Diálogo entre un peregrino que se dirige a Compostela y un labriego, obra bilingüe con claras características proclives á dramatización (hoxe existe unha versión teatral feita por Xosé Lueiro Lemos).[1]

Na súa memoria creouse o Premio de poesía Avelina Valladares, convocado polo concello da Estrada.

 
Artigo de Castro López.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar