O Arreforión era un edificio identificado no ano 1920 polo arquitecto alemán Wilhelm Dörpfeld situado na parte norte da Acrópole de Atenas, xunto á muralla de Pericles[1], era o lugar onde as Canéforas, catro mozas nobres gregas recibían preparación para a realización do peplo utilizado nas procesións das Panateneas.[2]

O edificio tiña unha planta cadrada de doce metros de lado e consistía nunha sala única cun pórtico, un patio cunha saída posterior mediante unha escaleira que conectaba co templo de Afrodita, na parte baixa da rocha da acrópole despois duns pasos subterráneos. A súa construción está datada no ano -470.

  1. Wilhelm Dörpfeld,(1119) Das Hekatompedon in Athen. Jahrbuch des Deutschen Archäologischen Instituts. pp. 37–38.
  2. Aristófanes ,Els ocells, Manuel Balasch, Fundació Bernat Metge, p.137, ISBN 84-7225-063-6

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar