Arréforas

Escena con figura dobrando un peplo no friso ao lado este do Partenón (Museo Británico).

As arréforas ou arréforos[1] (grego antigo: Ἀρρήφορος, Arrēphoros) eran raparigas virxes de entre sete e once anos que vivían no Arreforión (Acrópole de Atenas). Na festividade das Arreforias, consagrada á deusa Atenea Polias, levaban sobre as súas cabezas nunhas cestas o que lles daba a sacerdotisa desta deusa. Segundo Pausanias ninguén sabe de que se trataba, nin sequera elas mesmas. No recinto de Afrodita nos Xardíns descendían as mozas por unha baixada subterránea até unha cova. Deixaban os presentes alí abaixo e collían outros obxectos que tamén estaban tapados e que levaban á Acrópole. Despois disto eran substituídas por outras[2][3].

Eran elixidas polos arcontes entre as familias nobres, probabelmente entre as achegadas ao culto de Atenea. As súas familias sufragaban os gastos da festa.

O seu nome significa portadoras de árrēta: cousas das que está prohibido falar.

Harpocración sinala no seu Lexicon, baixo o apartado de Arrêphorein, que existían catro arréforas (Arrephoroi) e que dúas delas tecían o peplo de Atenea que recibía cada catro anos nas Panateneas.

NotasEditar

  1. Francisco Rodríguez Adrados e Juan Rodríguez Somolinos, Diccionario Griego-Español en línea
  2. Del griego árrhetos 'secreto' y phorós 'que lleva'. Se celebraban en el mes de Sciroforion.
  3. Pausanias: Descripción de Grecia, I, 27, 3.