Arquieparquía católica armenia de Lviv

A arquieparquía de Lviv dos armenios é unha arquieparquía católica en Ucraína, estabelecida en 1361, que ten xurisdición sobre todos os fieis católicos armenios en Ucraína.

Arquieparquía de Lviv
Archieparchia Leopolitanus Armenorum
Datos xerais
Erixida1361
1630 (unión coa Igrexa Católica)
LocalizaciónUcraína
Información
RitosRito armenio
Xerarquía
PapaFrancisco
PatriarcaGregorio Pedro XX
Arquieparca(sé vacante)

TerritorioEditar

Coas particións de Polonia a arquieparquía perdeu o control sobre os fieis armenios de Polonia, Lituania e a Rusia Branca, que pasaron a dominio ruso.

HistoriaEditar

A arquieparquía apostólica armeniaEditar

A arquieparquía foi erixida en 1361, coa consagración do primeiro arcebispo polo patriarca de Cilicia. O rei de Polonia Casimiro o Grande concede en 1367 plena liberdade de culto aos armenios.

Unión coa Igrexa CatólicaEditar

O 24 de outubro de 1630 o arquieparca Mikołaj Torosowicz sancionou a unión da Igrexa armenia de Lviv coa Igrexa Católica,[1][2] máis dun século antes do estabelecemento da Igrexa Católica Armenia que chegou en 1742 coa institución do Patriarcado de Cilicia.

Desaparición no século XXEditar

Dende 1938 a arquieparquía está vacante. Até 1954 foi atendida por un administrador apostólico, e dende a súa morte é administrada polo ordinariato de Polonia para os fieis de rito oriental, estando os fieis directamente suxeitos ao Patriarca. O derradeiro administrador apostólico, Dionizy Kajetanowicz, foi arrestado primeiro polos nazis e posteriormente polos soviéticos ao refusar adherirse á Igrexa Ortodoxa. Foi condenado a traballos forzados nun campo de concentración e morreu en 1954.[3]

GobernoEditar

Entre 1675 e 1798 o arquieparca era elixido directamente polos relixiosos e fieis armenios, e debía ter o beneplácito do rei de Polonia, quen informaba ao nuncio apostólico, quen á súa vez daba as instrucións para a aprobación do mesmo polo Papa. Logo de 1798, cando Lviv pasou a dominio austríaco, o dereito de nomear a un arcebispo pasou a ser competencia dun capítulo que facía unha proposta de tres candidatos ao Emperador. Posteriormente o elixido debía obter a aprobación papal.

EpiscopoloxioEditar

Notas e referenciasEditar

  1. Derek Keene, Balázs Nagy, Katalin Szende (2009). Ashgate Publishing, ed. Segregation, Integration, Assimilation: Religious and Ethnic Groups in the Medieval Towns of Central and Eastern Europe. p. 61. ISBN 9780754664772. 
  2. Dmytro Blažejovskyj (1975). Ukrainian and Armenian pontifical seminaries of Lviv (1665-1784). p. 85. 
  3. University of Notre Dame. "Biography of Father Dionizy Kajetanowicz" (en inglés). Consultado o 18 /12/2013. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar