Jan Tobiasz Augustynowicz
Jan Tobiasz Augustynowicz[1] (en ucraíno: Ян Тобіяш Августинович, "Yan Tobiiash Avhustynovych"), nado o 24 de novembro de 1664 en Lviv e finado o 22 de decembro de 1751 na mesma cidade,[2] foi un eclesiástico católico armenio, arcebispo de Lviv entre 1715 e 1751.
Jan Tobiasz Augustynowicz Ян Тобіяш Августинович | |
---|---|
Arcebispo da Igrexa Católica Armenia | |
Biografía | |
Nacemento | 24 de novembro de 1664 |
Pasamento | 22 de decembro de 1751 |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 1689 |
Consagración episcopal | Entre 1713 e 1751 |
Arcebispo metropolitano de Lviv dos armenios | |
1715 - 1751 | |
Predecesor | Wartan Hunanian |
Sucesor | Jakub Stefan Augustynowicz |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
TraxectoriaEditar
Estudou no colexio dos teatinos de Lviv, e en 1689 foi ordenado sacerdote da arquieparquía de Lviv.[2] En 1709 foi nomeado vigairo xeral do arcebispo Hunanian.[2]
O 22 de maio de 1713 foi nomeado arcebispo coadxutor de Lviv e titular de Himeria,[2] mais descoñécese cando foi ordenado bispo. En 1715, logo da morte do seu predecesor, sucedeuno como arcebispo de Lviv.[2] O papa Clemente XI impúxolle o palio en 1716, e en 1719 nomeouno asistente ó trono papal.[2]
O arcebispo levou a cabo unha visita xeral ós territorios da arquidiocese en Polonia en 1717, e ós de Moldavia en 1729.[2] Na última década do seu pontificado reconstruíu o colexio dos teatinos e a catedral de Lviv, danados por un incendio.[2]
Finou no cargo o 22 de decembro de 1751, e está enterrado na catedral armenia de Lviv.[2]
NotasEditar
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Wartan Hunanian |
Arcebispo de Lviv 1715 - 1715 |
Sucesor: Jakub Stefan Augustynowicz |