Arquieparquía católica armenia de Lviv
A arquieparquía de Lviv dos armenios é unha arquieparquía católica en Ucraína, estabelecida en 1361, que ten xurisdición sobre todos os fieis católicos armenios en Ucraína.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Relixión | catolicismo | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Comparte fronteira con | ||||
Territorio
editarCoas particións de Polonia a arquieparquía perdeu o control sobre os fieis armenios de Polonia, Lituania e a Rusia Branca, que pasaron a dominio ruso.
Historia
editarA arquieparquía apostólica armenia
editarA arquieparquía foi erixida en 1361, coa consagración do primeiro arcebispo polo patriarca de Cilicia. O rei de Polonia Casimiro o Grande concede en 1367 plena liberdade de culto aos armenios.
Unión coa Igrexa Católica
editarO 24 de outubro de 1630 o arquieparca Mikołaj Torosowicz sancionou a unión da Igrexa armenia de Lviv coa Igrexa Católica,[1][2] máis dun século antes do estabelecemento da Igrexa Católica Armenia que chegou en 1742 coa institución do Patriarcado de Cilicia.
Desaparición no século XX
editarDende 1938 a arquieparquía está vacante. Até 1954 foi atendida por un administrador apostólico, e dende a súa morte é administrada polo ordinariato de Polonia para os fieis de rito oriental, estando os fieis directamente suxeitos ao Patriarca. O derradeiro administrador apostólico, Dionizy Kajetanowicz, foi arrestado primeiro polos nazis e posteriormente polos soviéticos ao refusar adherirse á Igrexa Ortodoxa. Foi condenado a traballos forzados nun campo de concentración e morreu en 1954.[3]
Goberno
editarEntre 1675 e 1798 o arquieparca era elixido directamente polos relixiosos e fieis armenios, e debía ter o beneplácito do rei de Polonia, quen informaba ao nuncio apostólico, quen á súa vez daba as instrucións para a aprobación do mesmo polo Papa. Logo de 1798, cando Lviv pasou a dominio austríaco, o dereito de nomear a un arcebispo pasou a ser competencia dun capítulo que facía unha proposta de tres candidatos ao Emperador. Posteriormente o elixido debía obter a aprobación papal.
Episcopoloxio
editar- Mikołaj Torosowicz (24 de outubro de 1630 - 24 de outubro de 1681, finado)
- Wartan Hunanian (24 de outubro de 1681 - 15 de xuño de 1715, finado)
- Jan Tobiasz Augustynowicz (15 de xuño de 1715 - 22 de decembro de 1751, finado)
- Jakub Stefan Augustynowicz (22 de decembro de 1751 - 11 de xaneiro de 1783, finado)
- Jakub Walerian Tumanowicz (11 de xaneiro de 1783 - 2 de setembro de 1798, finado)
- Jan Jakub Symonowicz (1 de marzo de 1800 - 3 de outubro de 1816, finado)
- Kajetan Augustyn Warteresiewicz (21 de febreiro de 1820 - 6 de febreiro de 1831, finado)
- Samuel Cyryl Stefanowicz (13 de marzo de 1832 - 8 de decembro de 1858, finado)
- Grzegorz Michał Symonowicz (8 de decembro de 1858 - 14 de xuño de 1875, finado)
- Grzegorz Józef Romaszkan (3 de abril de 1876 - 11 de decembro de 1881, finado)
- Izaak Mikołaj Isakowicz (3 de xullo de 1882 - 29 de abril de 1901, finado)
- Józef Teofil Teodorowicz (16 de decembro de 1901 - 5 de decembro de 1938, finado)
- Dionizy Kajetanowicz, administrador apostólico, non chegou a ser consagrado bispo (1938 - 1954, finado)
Notas e referencias
editar- ↑ Derek Keene, Balázs Nagy, Katalin Szende (2009). Ashgate Publishing, ed. Segregation, Integration, Assimilation: Religious and Ethnic Groups in the Medieval Towns of Central and Eastern Europe. p. 61. ISBN 9780754664772.
- ↑ Dmytro Blažejovskyj (1975). Ukrainian and Armenian pontifical seminaries of Lviv (1665-1784). p. 85.
- ↑ University of Notre Dame. "Biography of Father Dionizy Kajetanowicz" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2013. Consultado o 18 /12/2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha en Catholic-Hierarchy.org, con datos do Annuario Pontificio, (en inglés).