Armand Duplantis
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde novembro de 2020) |
Armand Gustav Duplantis (Lafayette, Luisiana; 10 de novembro de 1999) é un atleta sueco de orixe estadounidense especializado na proba de salto con pértega, na que ostenta a plusmarca mundial de 6.18 m e conseguiu ser campión mundial xuvenil en 2015 e subcampión mundial en 2019.[1]
Armand Duplantis | |
---|---|
![]() | |
Información persoal | |
Alcume | Mondo Duplantis |
Nacionalidade | ![]() ![]() |
Nacemento | 10 de novembro de 1999 Lafayette, Luisiana, Estados Unidos de América |
Altura | 1.81 m |
Peso | 79 kg |
Deporte | |
País | ![]() |
Deporte | Atletismo |
Evento(s) | Salto con pértega |
Club | Upsala IF |
Adestrador | Greg Duplantis |
[ editar datos en Wikidata ] |
Carreira deportivaEditar
Armand Duplantis naceu en Lafayette (Luisiana), fillo dun pertiguista estadounidense e unha heptatleta sueca, nacionalidade esta última baixo a cal compite. Empezou a saltar pértega aos seis anos, animado polo seu pai.[2]
No Campionato Mundial Xuvenil de Atletismo de 2015 gañou a medalla de ouro no salto con pértega, cun salto por encima de 5.30 metros, por diante do ucraíno Vladyslav Malykhin (prata tamén con 5.30 metros pero en máis intentos) e o grego Emmanouil Karalís (bronce con 5.20 metros). En 2017 repetiu éxito gañando o ouro no Europeo Sub-20, esta vez sobre 5.65 metros.
Xa en categoría absoluta, nos Europeos de Berlín de 2018 levou o ouro cun salto de 6,05 metros.[2]
O 8 de febreiro de 2020 bateu a marca mundial, que estaba en posesión do atleta francés Renaud Lavillenie (6,16 metros), en Torun (Polonia) cunha marca de 6.17 m.[3] Unha semana despois volveu superar a súa marca en Glasgow (Escocia) cunha marca de 6.18 m.[4]
PalmarésEditar
- Internacional
Ano | Competición | Sede | Posto | Proba | Marca |
---|---|---|---|---|---|
2015 | Campionato Mundial Sub-18 | Cali, Colombia | 1º | Salto con pértega | 5,30 m Modelo:Plusmarca |
2016 | Campionato Mundial Sub-20 | Bydgoszcz, Polonia | 3º | Salto con pértega | 5,45 m |
2017 | Campionato Europeo Sub-20 | Grosseto, Italia | 1º | Salto con pértega | 5,65 m Modelo:Plusmarca |
Campionato Mundial | Londres, Reino Unido | 9º | Salto con pértega | 5,50 m | |
2018 | Campionato Mundial en Pista Cubierta | Birmingham, Reino Unido | 8º | Salto con pértega | 5,70 m |
Campionato Mundial Sub-20 | Tampere, Finlandia | 1º | Salto con pértega | 5,82 m Modelo:Plusmarca | |
Campionato Europeo | Berlín, Alemaña | 1º | Salto con pértega | 6,05 m (WU20R) | |
2019 | Southeastern Conference Track and Field Championships | Fayetteville, Estados Unidos | 1º | Salto con pértega | 6,00 m (NCAA) |
Campionato Mundial | Doha, Qatar | 2º | Salto con pértega | 5,97 m | |
2020 | World Athletics Indoor Tour | Toruń, Polonia | 1º | Salto con pértega | 6,17 m Modelo:Plusmarca |
World Athletics Indoor Tour | Glasgow, Escocia | 1º | Salto con pértega | 6,18 m Modelo:Plusmarca | |
Diamond League | Roma, Italia | 1º | Salto con pértega | 6,15 m Modelo:Plusmarca |
NotasEditar
- ↑ Ficha. Asociación Internacional de Federaciones de Atletismo IAAF. Consultado el 23 de enero de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 Bellón, Juanma (12 de agosto de 2018). "Asombroso Duplantis: oro y 6,05 en pértiga con sólo 18 años". Diario AS.
- ↑ "Duplantis (6’17) rompe el récord del mundo de Lavillenie en pértiga". Mundo Deportivo. 8 de febrero de 2020.
|first1=
sen|last1=
in Authors list (Axuda) - ↑ "¡¡Duplantis salta 6,18 metros en Glasgow y vuelve a batir el récord del mundo!!". Marca. 15 de febreiro de 2020.
|first1=
sen|last1=
in Authors list (Axuda)