Arizona Cardinals

Os Arizona Cardinals son un equipo profesional de fútbol americano estadounidense da cidade de Glendale (Arizona) que compite na National Football Conference da National Football League (NFL).

Arizona Cardinals
Fundado en 1898
Sede en Glendale (Arizona)
Wordmark dos Arizona Cardinals
Wordmark dos Arizona Cardinals
Wordmark
Afiliacións de Liga/Conferencia

National Football League (1920–presente)

  • Western Division (1933–1949)
  • American Conference (1950–1952)
  • Eastern Conference (1953–1969)
    • Century Division (1967–1969)
  • NFC (1970−presente)
Uniforme actual
CoresVermello, branco, negro               
MascotaBig Red
Cadro de persoal
Propietario(s)Bill Bidwill
PresidenteMichael Bidwill
Director xeralSteve Keim
AdestradorBruce Arians
Historia
  • Chicago Cardinals (1920–1943), (1945–1959)
  • Card-Pitt (1944)
  • St. Louis Cardinals (1960–1987)
  • Phoenix Cardinals (1988–1993)
  • Arizona Cardinals (1994–presente)
Alcume(s)
The Cards, Big Red, Red Sea, The Cardiac Cards, Bird Gang
Campionatos
Títulos de Liga (2)
Conferencia (1)
  • NFC: 2008
División (7)
  • NFL Oeste: 1947, 1948
  • NFC Leste: 1974, 1975
  • NFC Oeste: 2008, 2009, 2015
Estadios
  • Normal Park (1920−1921) e (1926−1928)
  • Comiskey Park (1922−1925) e (1929−1958)
  • Busch Stadium (1960−1965)
  • Busch Memorial Stadium (1966−1987)
  • Sun Devil Stadium (1988−2005)
  • State Farm Stadium (2006−actualmente)

Historia editar

A franquía foi fundada en 1898 na cidade de Chicago (Illinois), o que a converte nun dos equipos máis antigos de fútbol americano e o equipo máis antigo da competición, sendo fundado moito antes da creación da NFL en 1920. Foi un dos fundadores da NFL.

Ao longo da súa historia sufriron numerosos traslados, primeiro en 1944, cando debido á falta de xogadores por mor da segunda guerra mundial o equipo se trasladou a Pittsburgh e se fusionou cos Pittsburgh Steelers, formando os Card-Pitt e disolvendo a fusión ao finalizar a Guerra e a franquía volveu á cidade que os vira nacer. En 1960 o equipo trasládase a St. Louis (Missouri) e pasa a denominarse St. Louis Cardinals. Finalmente, en 1988 o equipo trasládase ao estado de Arizona, primeiro á cidade de Houston e despois á cidade de Glendale, onde se atopan actualmente.

A pesar da súa longa historia, o equipo unicamente posúe dous títulos de liga, e chegou por primeira vez a unha Super Bowl, a XLIII na tempada 2008-09, na que perdeu fronte aos Pittsburgh Steelers por 27-23 en Tampa (Florida).

Xogadores editar

Cadro actual editar

Quarterbacks

Running backs

Wide receivers

Tight ends

Liña ofensiva

Liña defensiva

Linebackers

Defensive backs

Equipos especiais

Reservas

Equipo de adestramento

Rookies en cursiva
Roster actualizado a 18 de novembro de 2016
Depth ChartTraspasos
53 activos, 12 inactivos, 10 de adestramento


Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.