Arciprestado do Páramo-Farnadeiros
O Páramo-Farnadeiros foi un arciprestado da diocese de Lugo, formado en 2006 logo da fusión dos antigos arciprestados de Farnadeiros e O Páramo, que desapareceu logo da reestruturación levada a cabo en 2010. Incluía as seguintes parroquias:
Concello do Páramo editar
Adai, Friolfe, Santa María de Gondrame, San Vicente de Gondrame, Grallás, Moscán, Piñeiro, Reascos, Ribas de Miño, A Ribeira, Sa, A Torre, Vilafiz, Vilarmosteiro, Vilasante e Vileiriz.
Concello do Corgo editar
Anseán, Cela, Cerceda, Santo André de Chamoso, Escoureda, San Pedro de Farnadeiros, Santo Estevo de Farnadeiros, Lapío, Maceda, San Cosme de Manán, Santa María Magdalena de Manán, Marei, Quinte e Sabarei.
Concello de Láncara editar
Bande, Carracedo, Lama, Láncara, Muro, Neira de Cabaleiros, A Pobra de San Xiao, Toirán, Toubille, Trasliste e Vilaleo.