Piñeiro, O Páramo
parroquia civil do concello do Páramo
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Piñeiro.
San Salvador de Piñeiro é unha parroquia do concello do Páramo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 87 habitantes, deles 36 eran homes e 51 eran mulleres.
Piñeiro | |
---|---|
Igrexa parroquial de Piñeiro | |
Concello | O Páramo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°50′48″N 7°31′25″O / 42.8467, -7.5236 |
Poboación | 53 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Economía
editarO sector primario é o maioritario, adicado á gandaría e a agricultura. A plantación que máis abunda son piñeiros e carballos.
Patrimonio
editarO castro de Piñeiro está sen escavar.
Festas
editarAs festas na honra da Virxe do Rosario celébranse a primeira fin de semana de outubro.
Lugares e parroquias
editarLugares de Piñeiro
editarLugares da parroquia de Piñeiro no concello do Páramo (Lugo) | |
---|---|
As Cruces | Piñeiro | Quintela | Salgueiredo | San Paio |