Antonov An-28
O Antonov An-28 (designación da OTAN: Cash) é un bimotor turbohélice lixeiro desenvolvido a partir do Antonov An-14M. Foi o gañador dunha competición contra o Beriev Be-30 para ser usado por Aeroflot como avión de paseiros de curto alcance. Realizou o seu primeiro voo no mes de setembro de 1969.
Antonov An-28 | |
---|---|
![]() | |
Tipo | avión de pasaxeiros de curto alcance |
Fabricante | Antonov |
Primeiro voo | setembro de 1969 |
Principais usuarios | Aeroflot |
Unidades construídas | 191 |
Variantes | PZL M-28 Skytruck |
Fabricáronse un total de 191 unidades, dos que no ano 2006 aínda estaban en servizo 68. Despois dunhas pequenas series de preprodución construídas por Antonov, foi licenzado á polaca PZL-Mielec. En 1993 PZL-Mielec desenvolveu a súa propia variante mellorada, o PZL M-28 Skytruck.
Desenvolvemento Editar
O An-28 é semellante ao An-14 en moitos aspectos, como a estrutura da á e as dúas derivas, pero ten unha fuselaxe máis grande e motores turbohélice en lugar dos motores de pistón do An-14. O An-28 voou por primeira vez como un An-14 modificado en 1969. O seguinte modelo de pre-produción non voaría ata 1975.
En configuración de pasaxe pode levar ata 15 persoas, ademais dos seus dous pilotos.[1] A fabricación foi transferida a PZL-Mielec no ano 1978. O primeiro avión de fabricación polaca non voaría ata 1984. O An-28 recibiría finamente a súa certificación soviética en 1986.
Variantes Editar
- An-14A
- A designación orixinal de Antonov para unha versión alongada e con dous turbohélices do An-14.
- An-14M
- Prototipo.
- An-28
- Transporte bimotor utilitario de curto alcance. Tres fabricados.
- An-28RM Bryza 1RM
- Avión de busca e rescate e ambulancia aérea.
- An-28TD Bryza 1TD
- Versión de transporte.
- An-28PT
- Variante con motores Pratt & Whitney que voou por vez primeira o 22 de xullo de 1993.
Notas Editar
- ↑ Green, W (1976). The Observer's Book of Aircraft. Frederick Warne & Co. p. 254. ISBN 0-7232-1553-7.