Antonio Villaverde Hermida
Antonio Villaverde Hermida, nado en Cerponzóns (Pontevedra) cara a 1906 e finado en Pontevedra o 28 de novembro de 1936, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1906 Cerponzóns, España |
Morte | 28 de novembro de 1936 (29/30 anos) |
Causa da morte | Pena de morte (Ferida por arma de fogo ) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria editar
Veciño de Bueu, onde traballaba como chofer dunha camioneta de transporte de mercancías entre Pontevedra e Bueu ou Cangas. Vogal da secretaría de propaganda das JSU. Foi detido en setembro de 1935 por orde da Subdelegacoón Marítima de Marín.[1] Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba alistado como soldado na 2ª compañía do Batallón de Voluntarios de Pontevedra. O 21 de agosto foi detido logo dun permiso do xefe do batallón. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra o 17 de novembro,[2] foi condenado a pena de morte por un delito de rebelión coa agravante de perversidade debido a “su destacada actuación revolucionaria y de sus antecedentes”. Ademais foi condenado a abonar ao Estado 25.000 pesetas en concepto de responsabilidade civil. Foi fusilado na Caeira ás sete da mañá do 28 de novembro.[3]
Notas editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Antonio Villaverde Hermida na páxina web Nomes e Voces.
- Álvarez Castro, Xosé (6/4/2020). "Contra o esquecemento: Antonio Villaverde Hermida" Pontevedra nos anos do medo.