Antonio Vázquez Guillén

avogado e político galego

Antonio Vázquez Guillén, nado en Cee en decembro de 1941, é un avogado e político galego.[1]

Antonio Vázquez Guillén
Nacementodecembro de 1941
 Cee
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Antonio Vázquez Mouzo e neto de Argimiro Guillén. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi presidente do Consello de Administración da revista Ciudadano. Membro correspondente da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. Foi Director Xeral da Xuventude no Ministerio de Cultura (1978)[2]. Foi elixido deputado do Congreso por UCD pola provincia da Coruña na lexislatura constituínte (1977-1979). Volveu ser elixido deputado na I lexislatura (1979-1982).

Estivo embarcado no DC-8 que sufriu o accidente da Lavacolla en 1978.

Vida persoalEditar

Casou con María Cruz Fernández de la Riva Varela de Limia.

NotasEditar

  1. "VCGH Abogados". www.vcghabogados.com. Consultado o 2019-12-02. 
  2. "Antonio Vázquez Guillén". El País (en castelán). 4/10/1978. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar