Accidente da Lavacolla
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2020.) |
O accidente da Lavacolla, tamén coñecido coma accidente do Españoleto, foi o segundo contratempo de importancia na historia da aviación comercial en Galicia. O 3 de marzo de 1978, un avión DC-8 da compañía Iberia procedente de Madrid tomou terra lonxe do comezo da pista do aeroporto da Lavacolla, obrigando ao piloto a esquivar bruscamente a estrutura do sistema ILS da cabeceira sur e caendo por un valado. Non houbo vítimas mortais.
Accidente da Lavacolla | |
---|---|
O Españoleto en 1969.
| |
Resumo | |
Data | 3 de marzo de 1978 |
Causa | aquaplaning tras a aterraxe |
Lugar | aeroporto da Lavacolla |
Orixe | Madrid |
Destino | Santiago de Compostela |
Finados | 0 |
Feridos | 70 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Douglas DC-8 |
Operador | Iberia |
Rexistro | EC-BMX |
Pasaxeiros | 208 |
Tripulación | 12 |
Superviventes | 220 (todos) |
O accidenteEditar
O avión accidentado era un DC-8-63 da compañía Iberia con rexistro EC-BMX procedente de Madrid, de nome Españoleto, pilotado polo comandante Jaime Ordovás e levaba a bordo a 208 pasaxeiros e 12 tripulantes. A hora prevista para a súa chegada eran as 17:05 horas da tarde, porén chegaba ao aeroporto da Lavacolla con 20 minutos de atraso.
Unha manobra de aterraxe incorrecta provocou que o avión tomase terra lonxe do comezo da pista. Logo de que o piloto evitase o impacto contra a estrutura do sistema ILS da cabeceira sur, a aeronave caeu por un valado, incendiándose posteriormente.
O piloto, que afirmou contar con boa visibilidade durante a manobra de aterraxe, indicou que as fortes precipitacións que media hora antes asolagaron a pista foron a causa de que o McDonell Douglas DC-8 que pilotaba sufrise o fenómeno do aquaplanning ao tocar o chan.
A pericia do piloto e a rápida actuación dos bombeiros e dos demais servizos de emerxencia evitaron un accidente máis grave.
VítimasEditar
O accidente saldouse con setenta feridos, dez graves e sesenta leves, que foron atendidos no hospital Xeral de Galicia, no policlínico da Rosaleda e nos sanatorios dos doutores Álvarez e Señarís.
No Españoleto viaxaban persoeiros relacionados coa política, como o ministro de Cultura Pío Cabanillas ou destacados centristas coruñeses como José Luis Meilán Gil, Antonio Vázquez Guillén e Nona Inés Vilariño.