Antonio Pedrosa Latas

militar e político galego

Antonio Pedrosa Latas, nado en Lugo o 23 de agosto de 1916 e finado en Los Molinos (Madrid) o 25 de febreiro de 1990,[1] foi un militar e político galego.

Infotaula de personaAntonio Pedrosa Latas
Biografía
Nacemento23 de agosto de 1916 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de febreiro de 1990 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Los Molinos, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977
Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967
Procurador en Cortes
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964
Procurador en Cortes
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961
Procurador en Cortes
14 de maio de 1955 – 11 de marzo de 1958 – Ignacio del Cuvillo Merello (en) Traducir →
Procurador en Cortes
10 de xuño de 1952 – 13 de abril de 1955
Procurador en Cortes
16 de marzo de 1943 – 24 de abril de 1946
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , militar , avogado do estado Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosPilar Pedrosa Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Participou na organización de Falange Española en Lugo baixo a dirección de José Cedrón del Valle en 1934[2]. Combateu no bando nacional durante a guerra civil española. Chegou a Tenente Coronel de Infantaría. Foi asesor xurídico do Instituto Social da Mariña e secretario do Sindicato Nacional de Pesca[3]. Asesor xurídico do Ministerio de Traballo. Xefe Provincial do Movimiento Nacional na provincia de Ourense até xuño de 1940. Xefe Nacional do Sindicato da Pesca. Director Xeral Técnico do Instituto Social da Mariña.

Foi procurador en Cortes durante a primeira lexislatura do franquismo en representación da Organización Sindical, designado pola Xunta Extraordinaria da Delegación Nacional de Sindicatos. Volveu ocupar o escano durante as sete últimas lexislaturas. Foi Conselleiro Nacional, membro do IX Consello Nacional de FET y de las JONS[4] e tamén do X Consello Nacional[5].

Pedrosa Latas protagonizou en febreiro de 1976 unha intervención ante a Comisión de Defensa Nacional das Cortes, na que cualificou á Universidade de búnker marxista e dixo:[6]

"...En la Universidad de Madrid comienza a correr la sangre, pero, aunque esto es grave, no es lo más importante. Lo verdaderamente grave es que en los claustros universitarios el grito de Viva España va constituyendo ya un delito y los patriotas pasan así por delincuentes.."
Intervención ante a Comisión de Defensa Nacional das Cortes Españolas.

Nas eleccións xerais de 1977 foi candidato ao senado por Alianza Popular pero non resultou elixido.

Recoñecementos editar

  • Medalla de Ouro do concello de Lugo.[7] Retirada en 2015.
  • CEIP Antonio Pedrosa Latas en Celeiro (Viveiro). O concello de Viveiro acordou en febreiro de 2018 aprobar á petición do CEIP Antonio Pedrosa Latas para cambiar a súa denominación pola de CEIP de Celeiro en aplicación da Lei de Memoria Histórica.[8]

Vida persoal editar

Casou con Concepción González de Castejón Patiño e foi pai de Pilar Pedrosa González de Castejón.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar